O concello de Salvaterra de Miño organizaun ano máis un curso de defensa persoal para mulleres

adminON
Lectura mínima de 1

O Concello de Salvaterra de Miño organiza para o mes de marzo un curso de defensa  persoal para mulleres. A finalidade é a apredizaxe de técnicas de proteción e defensa  ademais de autocontrol, empoderamento, confianza en si mesma e como sair de  situacións de perigo. 

Esta acción súmase as organizadas pola Concellería de Igualdade e está enmarcada na  subvención do Pacto de Estado contra a violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade. 

O curso que se levará a cabo os sábados 8, 15, 22 e 29 do mes de marzo en horario de  10:00 a 12:00 horas no Pavillón Municipal Cándido Carrera é gratuíto. Para apuntarse aquelas mulleres interesadas poderán facelo no correo  alfonso.longueira@yahoo.es ou ben no teléfono 699 102 727.

Comparte este artigo