HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra de Miño recibe unha subvención de 48.000 euros...

O concello de Salvaterra de Miño recibe unha subvención de 48.000 euros para a contratación de tres persoas a cargo o proxecto +Emprega da Deputación

- Anuncio -spot_img

Salvaterra de Miño contratará durante un ano a tres persoas dentro do proxecto “+Emprega nos concellos 2025” da Deputación, destinada a persoas mozas. Os postos a cubrir son o de arquitect@, aparellador/a e administrativ@ cun coste total de 68.712,03 euros, dos cales 48.000 son financiados pola Deputación Provincial e 20.712,03 polo Concello.

Este programa ten como principal obxectivo promover a inclusión social e o desenvolvemento económico e social a través da creación de emprego de calidade e do fomento da empregabilidade, dotando as persoas desempregadas dunha primeira experiencia profesional mediante un contrato de traballo para que adquiran competencias e habilidades sociais e profesionais, rompendo as barreiras que encontran moitas veces as persoas mozas para acceder a un emprego cualificado por falta de experiencia e apostando polo seu desenvolvemento profesional.

As persoas que sexan contratadas para a realización dos servizos polo que se outorga a subvención deberán cumprir, en todo caso, os requisitos seguintes no momento da selección e da formalización do contrato de traballo:

  • Estar en posesión dunha titulación universitaria ou dun título de grao medio ou superior de formación profesional ou de títulos oficialmente recoñecidos como equivalentes, de acordo coas leis reguladoras do sistema educativo vixente, que habiliten para o exercicio profesional.
  • Estar inscritas como demandantes ou en mellora de emprego no Servizo Público de Emprego.
  • Estar empadroadas nalgún dos concellos da provincia de Pontevedra antes da data de publicación da propia convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO).
  • No momento da contratación non deberon transcorrer máis de tres anos desde a terminación dos correspondentes estudos ou máis de cinco anos en caso de que o contrato se realice cunha persoa con discapacidade.
  • Non posuír experiencia profesional nin formación na mesma actividade dentro da entidade por un tempo superior a tres meses; non se computarán, para estes efectos, os períodos de formación ou prácticas que formen parte do currículo esixido para obter a titulación que habilita esta contratación.
  • Non estar contratadas en prácticas no momento da selección nalgún dos programas.
  • Non ter con anterioridade un contrato na mesma ou en distinta entidade en virtude da mesma titulación nin tampouco na mesma entidade.

Publicacións Relacionadas