Free Porn
xbporn
Home Pontevedra O Condado O concello de Salvaterra de Miño reúnese co equipo da Universidade de...

O concello de Salvaterra de Miño reúnese co equipo da Universidade de Santiago que realizará o traballo de exhumación no cemiterio de Cabreira

- Anuncio -

O traballo de investigación parte da Comisión pola Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña que aportaba datos do enterramento de cinco persoas descoñecidas nesta parroquia.
Esta mañá a alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, e a concelleira de Cultura, Lorena Soto, mantiveron unha reunión co equipo de investigación da Universidade de Santiago de Compostela logo da firma do convenio entre a Xunta de Galicia e a Universidade. O equipo multidisciplinar formado polos grupos de investigación HISTAGRA, AEVUM (ambos adscritos ao CISPAC), o Instituto de Ciencias Forenses Luis Concheiro e o Instituto de Medicina Legal de Galicia, comezarán o próximo 11 de novembro de 2024, os traballos de exhumación previstos na fosa do cemiterio de San Miguel de Cabreira, Salvaterra de Miño.
A investigación histórica previa, elaborada dende o grupo HISTAGRA, coa colaboración da Comisión pola recuperación da Memoria Histórica do Baixo Miño, Condado e Louriña e outros investigadores locais, apunta o enterramento de cinco persoas, nun principio, descoñecidas, na fosa de Cabreira, tras ser paseados o 18 de outubro de 1936. A hipótese de identificación coa que se traballa sinala que alí poden estar enterrados os restos de cinco veciños de Moaña. Actualmente, dúas fillas de avanzada idade demandan a intervención para poder recuperar os restos dos seus pais.

Relacionadas

Os concellos de Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade organizan conxuntamente o “II Trail do Cervo”...

0
Realizarase en colaboración coa Asociación O Eido do Cervo sobre dous trazados: un de 34 quilómetros, á Conla e outro de 18, ao Maneses. Os...

Xornada formativa sobre a Enfermidade Hemorráxica Epizoótica

0
Terá lugar mañá mércores día 23 ás 12:00 horas no auditorio municipal O Concello de Covelo informa da xornada informativa sobre Enfermidade Hermorráxica Epizoótica (EHE)...

O Museo Manuel Torres renova o sistema para colgar as obras e mellorar a...

0
A inversión, que ascendeu a 10.000 euros, procedeu dunha subvención da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades O Concello de Marín solicitou unha...

O Concello traballa en atopar financiación para os proxectos de saneamento e abastecemento de...

0
Entre ambas actuacións, precísase unha inversión de 1 millón de euros para dotar a 34 vivendas destes servizos básicos. Desde o Concello, aseguran que...

Sesión formativa gratuíta enmarcada no proxecto Alzheimer de Preto

0
O Concello de Mondariz informa que o venres 25 de outubro, de 16-20h., AFAMO (Asociación de Familiares de Persoas con Alzheimer do Morrazo) vai...

Luis López anuncia unha suba do 40%, ata os 350.000€, das axudas a confrarías...

0
O presidente provincial adianta este acordo nun encontro coa Federación Provincial de Confrarías para asinar convenio de colaboración para a prevención de riscos laborais O...

Publicacións Relacionadas