O Concello de Salvaterra de Miño saca a licitación o suministro para a actualización e mellora de espazos museolóxicos e recursos expositivos do Museo da Ciencia do Viño, no Recinto Amurallado, con especial atención ao uso das TIC, por un importe de 90.000€

adminON
Lectura mínima de 1

As empresas interesadas xa poden presentar as súas ofertas ata o vindeiro 15 de setembro. Os pregos, publicados na plataforma de contratación do Estado, corresponden a unha actuación enmarcada dentro do proxecto VISIT RIO MINHO PLUS (Consolidación da marca Río Minho e cereación de novos productos turísticos transfronteirizos) de cooperación transfronteiriza entre Galicia e Norte de Portugal INTERREG VI-A-POCTEP, cofinanciado nun 75% con cargo a fondos europeos e tramitado a través da AECT RÍO MIÑO.

O obxecto deste contrato e a actualización e mellora do espazo museolóxico e recursos expositivos do Museo da Ciencia do Viño, que se encontra dentro da Fortaleza de Salvaterra de Miño, coa substitución de pantallas das 16 barricas, a instalación de dúas pantallas táctiles para substituir os módulos de estadísticas fixas, actualización do módulo de adegas, actualizar o módulo de paisaxes e a creación dunha aplicación con información sobre o Museo da Ciencia do Viño e da fortaleza a través de códigos QR que permitan aos visitantes consultar nos seus móbiles toda a información do recinto.

Comparte este artigo