O Concello de Salvaterra de Miño ven de ser beneficiario dunha subvención da Consellería de Presidencia ao abeiro da ORDE do 30 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2025 ao 2027, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021-2027 .
O obxecto das presente Bolsa de Emprego é a selección e posterior contratación dunha persoa educadora social por non existir listas actualmente, para o desenvolvemento do proxecto denominado Programa de dirixido á inclusión de persoas en situación ou risco de exclusión social do Concello de Salvaterra de Miño para os anos 2026 e 2027.
A presente Bolsa de Emprego será efectiva unha vez que o Programa de Inclusión poida iniciarse, é dicir, unha vez que o procedemento de selección dos candidatos desempregados beneficiarios do Programa esté concluído e terase en conta o disposto na Orde do 30 de xullo de 2025 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a entidades locais para programas de inclusión social para os anos 2026 ao 2027, cofinanciada pola Unión Europea no marco do programa FSE+ Galicia 2021- 2027 e sucesivas ordes que se poidan ditar coa mesma finalidade e criterios de baremación do persoal que seleccionen as entidades locais.
A modalidades de contratación será a de funcionario/a interino para a execución dun programa temporal, dacordo co establecido na Lei 7/2007 de 12 de abril, do Estatuto Básico do Empregado Público . A persoa contratada desenvolverá o seu traballo en réxime de xornada completa e cunhas retribucións brutas de 2.126,57€ mensuais, dacordo co convenio colectivo Estatal de Acción e Intervención Social.
A bolsa terá unha duración máxima de tres anos a contar dende o nomeamento da primeira persoa seleccionada.
Os interesados poderán ter acceso as bases no boppo do día 27/02/2026 ou na sede electrónica do Concello.
As persoas que desexen tomar parte nas probas selectivas convocadas deberán facelo constar mediante unha instancia dirixida ao Sr/a. Alcalde/sa Presidente/a do Concello de Salvaterra de Miño segundo o modelo establecido no Anexo I . A presentación de solicitudes poderá facerse ben no rexistro xeral do Concello de Salvaterra de Miño emprazado na Praza da Constitución nº1-36450-Salvaterra de Miño, ou mediante calquera das formas establecidas na Lei 39/2015, de 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas. As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos deberán entregarse en sobre aberto para ser seladas e datadas polo funcionario de Correos antes de seren certificadas.
O prazo para presentar as solicitudes será de 5 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación do anuncio da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia.



