O pasado 25 de febreiro o Presidente da Deputación de Pontevedra anunciaba os concellos beneficiarios do Plan Extra entre os que figura o de Salvaterra de Miño coa humanización do entorno da Capela de San Roque.
Este é o plan onde o Concello de Salvaterra de Miño solicitaba a obra de recuperación do entorno da capela de San Roque en Cabreira, unha obra que conta cun orzamento de 553.641,55€ e que pretende por en valor un entorno cun gran valor cultural e arquitectónico. Con esta obra levarase a cabo unha humanización do espazo, onde o peón gañará protagonismo, cun aumento do espazo peonil. Deste xeito o Concello de Salvaterra de Miño busca contribuir a consecución dos obxectivos fixados na axenda 2030 e no Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES) e o Plan de Mobilidade Sostible do municipio.

