Estas obras enmárcanse dentro do Plan de Mellora de Viais Municipais e buscan a mellora de tres camiños municipais que proporcionan acceso a diversas parcelas agrarias nos lugares de Aldea e Cotodouro, na parroquia de Alxén.
A actuación na vía principal de Aldea prevé a limpeza de marxes e apertura de cunetas ao longo de 352 metros e a execución dunha nova capa de rodadura, co recrecido de 15 tapas de rexistro existentes, o pintado das liñas laterais de borde e un STOP na intersección coa EP-4005 e o asfaltado de 329 metros nun ramal, que contempla tamén un pequeno ensanche da plataforma en dous tramos, a limpeza de marxes e a apertura de cunetas existentes, ademais do recrecido de 11 tapas de Rexistro, o pintado das liñas laterais e un STOP para sinalizar os entronques de inicio e final de tramo.
Por outro lado no vial que enlaza a estrada provincial EP-4005 co lugar de Cotodouro procederase a limpeza de marxes, apertura de cunetas existentes, un pequeno ensanche da plataforma e o asfaltado de 235 metros, o recrecido de dúas tapas de Rexistro existentes, o pintado das liñas laterais de borde da calzada e dun STOP para sinalizar a intersección coa estrada provincial EP-4005.