HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra presenta o Campus de Conciliación de Verán 

O concello de Salvaterra presenta o Campus de Conciliación de Verán 

- Anuncio -spot_img

Actividade dirixida ós nenos e nenas nados entre o 2013 e o 2021 que se realizará no  CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón durante os meses de xullo e agosto. 

Achégase o remate do curso escolar e son moitas as familias que atopan grandes  dificultades para conciliar a vida laboral e familiar. Por este motivo o Concello de  Salvaterra de Miño, como ven facendo durante xa varios anos, realiza dentro do seu  programa de conciliación o Campus de Verán, cofinanciado pola Deputación de  Pontevedra. 

A actividade dirixida a nenos e nenas nados entre o 2021 e o 2013 realizarase durante os  meses de xullo e agosto en horario de 09:00 a 14:00 h no C.E.I.P Plurilingüe Infante Felipe  de Borbón. O Concello pon a disposición dos seus veciños máis de 200 prazas en catro  quendas, nos meses de xullo e agosto.  

Ademais haberá a posibilidade de ampliar horario para as familias que así o precisen, coa  aula matinal dende as 7:30h e servizo de comedor ata as 16:00h.  

Esta actividade require inscrición previa, terase en conta a orde de entrada por rexistro e  terán prioridade aquelas familias que os pais e nais traballen nese horario e tamén as  familias monoparentais. 

As bases e inscrición poderá recollerse no Concello ou descargarse a través da web  concellodesalvaterra.com. O prazo de inscrición será do 22 ao 29 de maio e poderase  facer dende a sede electrónica ou de xeito presencial en horario de 09:00 a 14:00 horas. Máis información no teléfono 986 658 082 ou na web do concello.

Publicacións Relacionadas