HomePontevedraO CondadoO concello de Salvaterra reparte trampas contra a vespa velutina  

O concello de Salvaterra reparte trampas contra a vespa velutina  

- Anuncio -spot_img

Un ano máis e como ven sendo habitual nesta época do ano, o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación ante a Vespa Velutina e a partires do día 1 de abril estarán a disposición dos nosos veciños e veciñas 150 trampas e 300 doses de líquido atraínte para loitar contra a súa proliferación. 

Así, o Concello fai unha chamada á poboación sobre a importancia do trampeo neste momento, XA QUE É O MOMENTO DE COLLER AS RAIÑAS, e cun simple xesto, colocando unha trampa, podemos facer moito. Por este motivo o Concello de Salvaterra de Miño lanza unha campaña de concienciación e repartirá 150 trampas e 300 doses de líquido atraínte. 

Todas as persoas interesadas poderán pasar polo Concello a recoller a súa trampa e a dose de líquido a partir deste martes 1 de abril en horario de 09:00 a 14:00 horas.

Publicacións Relacionadas