A Xunta de Goberno do Concello de Salvaterra de Miño ven de dar luz verde ao proxecto de mellora do parque infantil e área deportiva do Parque Público A Canuda, por un importe de máis de 150.000 euros, para presentar a través da liña de inversión municipal do Plan +Provincia 2025.
Este proxecto ten o como obxecto a mellora da conservación e a modernización do parque infantil e instalacións deportivas de titularidade municipal da Canuda, que neste momento debido ao paso dos anos, o uso e as inclemencias do tempo necesitan unha reforma urxente. O obxecto principal do proxecto consistirá en retirar e reparar os elementos existentes, substituír os equipamentos obsoletos ou deteriorados e finalmente realizar traballos de pintura dos elementos para deixar un acabado moderno e con todas as garantías para a plena realización de actividades de lecer e deportivas.
Ademais das obras de reparación incorporaranse novos elementos, no parque infantil instalaranse 7 elementos de xogo novos, un columpio con 2 asentos para bebé, un columpio con 2 asentos planos, un xogo carrusel para 6 usuarios, un balancín de aluminio con 4 asentos, dous xogos resorte, un xogo casiña do bosque e a instalación dunha rede completa de protección. Na área deportiva instalaranse 3 elementos novos, dúas pedaleiras, e un “trapecio”.
Con esta obra o Concello pretende mellorar e modernizar as instalacións existentes.