O concello de Soutomaior vén de acadar unha nova subvención da Xunta de Galicia de 374 mil euros para o proxecto “Humanización do Camiño de Santiago no paso pola rúa Coutada e rúa Fonte do Conde”. Unha achega que representa o 50% do orzamento do proxecto que ascende a un total de 750 mil euros.
O concello de Soutomaior acada unha nova subvención por valor de 370 mil euros ao abeiro do Fondo de Cooperación Local destinado á realización de investimentos en infraestruturas municipais de carácter estratéxico da Xunta de Galicia.
Soutomaior vén de acadar esta nova subvención para o proxecto “Humanización do Camiño de Santiago no paso pola rúa Coutada e rúa Fonte do Conde”.
Esta obra de 750 mil euros farase a metade con fondos propios do concello e a outra metade coa subvención da Xunta de Galicia. Un proxecto, vital para o concello, é que foi redactado pola empresa Urcoin, liderada polo prestixioso enxeñeiro Enrique Urcola, decano do Colexio de Enxeñeiros de Camiños, Canles e Portos de Galicia.
Importante destacar que 150 mil euros da inversión deste proxecto irán destinados a renovar a rede de sumidoiros e a protexer a ría de verquidos.
Tal e como dixo nesta xornada o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, “unha subvención que puidemos conseguir grazas a que somos un Goberno que actuamos con previsión e tiñamos proxectos madurados. Foi unha actuación complicada porque a convocatoria foi en agosto cando temos menos persoal no concello e ademais había pouco prazo para presentalo. Pero grazas a que o concello de Soutomaior foi capaz de anticiparse e presentar un bo proxecto en tempo e forma acadamos esta subvención que nos vai a permitir ter unha obra que vai a ser un antes e un despois para o núcleo urbano de Arcade”.