HomePontevedraO concello de Soutomaior mellora a súa terceira pista de padel para...

O concello de Soutomaior mellora a súa terceira pista de padel para permitir o seu uso durante o inverno

- Anuncio -spot_img
  • Pecháronse totalmente os laterais do recinto e aumentouse a iluminación
  • O Concello de Soutomaior acaba de finalizar as tarefas de mellora na terceira das pistas de pádel da área deportiva da Montesiña. Unha actuación que tiña o obxectivo de permitir o uso da mesma durante as horas nocturnas e os días chuviosos do inverno. Os traballos financiáronse a través dun convenio de colaboración coa Xunta de Galicia e tiveron un custo de execución de 20.000 euros.
  • A actuación centrouse en mellorar a protección da pista #ante as inclemencias meteorolóxicas coa instalación dun peche superior con dúas zonas, unha en policarbonato que permitirá o paso da luz durante o día e outra de aceiro galvanizado de alta duración na parte superior.
  • Do mesmo xeito, para mellorar as condicións da pista nos días de pouca luz reorganizouse todo o sistema de iluminación. Primeiro mellorando a instalación eléctrica cunha nova acometida subterránea e instalando a continuación catro novos focos de 160 watios de tecnoloxía led. Por último, recolocáronse as luminarias existentes para mellorar a visibilidade no frontal oeste da pista.
  • “Con esta mellora xa temos nosas tres pistas en condicións de acoller partidos durante todo o ano”, explicou o alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, que visitou o recinto durante a instalación dos últimos paneis. “Desta maneira cumprimos con todos os requisitos para que os nosos veciños poidan disputar as súas competicións federadas en casa e eviten desprazarse”, concluíu o rexedor.

Publicacións Relacionadas