- A actividade levará a cabo do 29 ao 31 de marzo
O Concello de Soutomaior, a través do Centro de Información á Muller (CIM), organiza un campamento infantil para familias con necesidade de conciliación durante a próxima semana santa. A participación é totalmente gratuíta e conta con protocolos de protección contra a Covid-19 para protexer aos pequenos #ante posibles contagios. O prazo de inscrición finaliza o 18 de marzo.
O obxectivo do campamento, explicou o alcalde, Agustín Reguera, é “facilitar a conciliación ás familias durante as vacacións escolares de semana santa, polo que o campamento contará cun horario flexible e adaptable ás súas necesidades”. Así, aínda que lle horario normal do campamento é de 09:00 a 14:00 horas, os pais que o necesiten poderán levar aos seus fillos a partir das 08:00 da mañá e terán a posibilidade de recollelos ata as 15:00 horas como máximo.
Como medidas de protección #ante a Covid, cada participante dispoñerá do seu propio material de uso unipersoal para as actividades de cada día. Ademais, non se realizarán actividades que impliquen compartir obxectos nin comida. Para evitar aglomeracións, tanto a entrada como a saída de cada día farase de forma graduada e utilizando todos os accesos dispoñibles.
A inscrición é totalmente gratuíta e contarán con preferencia aquelas familias monoparentais, as familias nas que os dous proxenitores traballen e todas aquelas unidades familiares cuxa necesidade de conciliación estea ocasionada pola pandemia.
A inscrición poderase realizar de forma telemática a través da páxina do concello de Soutomaior ou chamando por teléfono ao CIM. Os interesados en recibir máis información poden facelo a través da web www.soutomaior.com ou no teléfono 986 701 227.