HomePontevedraO concello de Soutomaior presenta o seu ciclo de Cinema Euroárabe

O concello de Soutomaior presenta o seu ciclo de Cinema Euroárabe

- Anuncio -spot_img
  • Cada sesión estará acompañada dun taller infantil relacionado co cinema para facilitar a conciliación das familias
  • O alcalde de Soutomaior, Agustín Reguera, presentou esta mañá, acompañado do xornalista e escritor, Fernando Méndez, o Ciclo de Cinema Euroárabe que se proxectará no edificio multiusos de Arcade nas próximas semanas. A iniciativa está organizada pola Fundación Araguaney de Santiago de Compostela e ten como obxectivo difundir valores de respecto, integración e convivencia entre culturas.
  • A iniciativa inclúe un total de cinco proxeccións, todas elas en versión orixinal con subtítulos en castelán, que reflicten diferentes aspectos da vida diaria dos emigrantes e as súas consecuencias. Exemplos de superación, como a de Fawzi e Mahmound en “The Captains of Zaatari”, dous nenos que viven nun campo de regugiados de Xordania e conseguen converterse en futbolistas profesionais; historias de amor entre a guerra, como a de Wissam en “1982”; ou a vida de Hasna, unha moza que crece nos suburbios de Paris entre a pobreza e a marxinación.
  • O ciclo arrincará o venres 3 de febreiro, ás 19:30 horas, coa proxección da película 1982” e continuará os días 4, 5, 11 e 12 de febreiro. De forma simultánea a cada proxección, o Concello de Soutomaior organizará talleres infantís relacionados co cinema para que as familias con fillos poidan gozar do ciclo mentres os seus fillos realizan actividades educativas no mesmo edificio multiusos.
  • Durante a presentación, Reguera destacou o exemplo de integración e convivencia que os veciños do municipio dan a diario. “Soutomaior conta con veciños de máis de 30 nacionalidades e con comunidades de diferentes culturas asentadas aquí desde hai décadas. Convivindo e compartindo cada día os veciños de Soutomaior son o exemplo perfecto de integración e respecto entre culturas”, concluíu o alcalde.

Publicacións Relacionadas