HomePontevedraBaixo MiñoO Concello de Tomiño e AFAGA acompañaron este ano a persoas con...

O Concello de Tomiño e AFAGA acompañaron este ano a persoas con Alzheimer e outras demencias a través dun novo programa de atención integral e estimulación cognitiva

- Anuncio -spot_img

O adestramento das funcións cognitivas resulta clave á hora de manter as capacidades mentais activas e mellorar a calidade de vida das persoas con demencia

O Concello de Tomiño, en colaboración coa entidade sen ánimo de lucro AFAGA, desenvolveu o programa de obradoiros de estimulación cognitiva e funcional dirixido a persoas diagnosticadas con Alzheimer e outras demencias. A iniciativa tivo lugar con gran acollida dende xaneiro deste ano na Escola Obradoiro “O Regatiño” de Goián, onde durante dous días por semana os usuarios disfrutaban desta actividade.

Estes obradoiros teñen como obxectivo principal reforzar as funcións cognitivas a través de actividades adaptadas que axudan a manter a mente activa, mellorar a orientación, a memoria, a atención e outras capacidades que se ven afectadas polo Alzheimer ou outras formas de demencia. Este tipo de adestramento é clave tamén para favorecer o benestar emocional e a socialización dos participantes. Por outra banda, tamén serve para orientar e acompañar ás familias neses momento de incertidumbre que conleva un diagnóstico desta índole, convertíndose nun programa integral que inclúe todo o proceso.

O concelleiro de Benestar Social de Tomiño, Rubén García, explicou que o obxectivo destes novos obradoiros é ofrecer ferramentas e actividades que favorezan a estimulación cognitiva e funcional das persoas participantes, contribuíndo así a mellorar a súa calidade de vida, pero tamén proporcionar ás familias ferramentas para facer fronte ás novas dinámicas que se dan con este tipo de diagnósticos.

Pola súa banda, desde AFAGA destacan que, tras o diagnóstico dunha demencia neurodexenerativa, é fundamental iniciar canto antes un traballo de estimulación das capacidades preservadas, co obxectivo de manter a autonomía da persoa o maior tempo posible.

Está previsto que o programa continue tras o verán, consolidándose e enmarcándose dentro da estratexia municipal de apoio ás persoas en situación de vulnerabilidade, a través de políticas activas de benestar e inclusión.

Publicacións Relacionadas