Free Porn
xbporn
Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Tui fai un chamamento á cidadanía para a correcta...

O Concello de Tui fai un chamamento á cidadanía para a correcta xestión do lixo

- Anuncio -
Lémbrase que o depósito de lixo nos contedores verdes debe realizarse de 20 a 8 h, e que as caixas de cartón se deben colocar dobradas

O Concello de Tui fai un chamamento á colaboración cidadá para que non se volva repetir imaxes de caixas de cartón fóra dos contedores e sen dobrar cando o colector está baleiro, de bolsas de residuos orgánicos depositados a primeira hora da tarde ou fóra do contedor.  O obxectivo é lograr unha xestión eficiente dos residuos, mellorar a salubridade e a imaxe do municipio, e protexer o medioambiente.

É por iso que dende o Concello de Tui lémbrase a normativa recollida na ordenanza municipal reguladora do ornato público e a limpeza viaria na que se recolle que se deben separar axeitadamente os residuos orgánicos dos inorgánicos, depositando cada un  deles no  colector correspondente. Na mesma establécese no caso de cartóns, embalaxes e caixas  que deben depositarse convenientemente pregados.

Por outra parte lémbrase o que horario para depositar o lixo no contedor verde é de 20 h a 8 h.

A mesma ordenanza recolle como infraccións graves deixar na vía pública residuos excluídos da recollida domiciliaria, como pode ser o caso de mobles, colchóns ou outro enxoval. Este material debe depositarse no Punto Limpo ou solicitar o servizo gratuíto de recollida.

Do mesmo xeito cada tipo de lixo debe colocarse no contedor correspondente. Para resolver as posibles dúbidas que poidan xurdir o Concello de Tui editou hai uns meses unha Guía de Separación de Residuos que se pode consultar na web municipal, ou recoller un exemplar na Biblioteca ou na casa do Concello.

Por outra parte a reciclaxe do lixo xerado, máis aló dos beneficios medioambientais que xera, tamén ten repercusións económicas positivas xa que se diminúe a fracción resto que é levada a SOGAMA e por tanto será menor o importe que o concello deberá aboar polo seu tratamento.

Dende o Concello de Tui faise fincapé na importancia da colaboración de toda a poboación para conseguir que Tui sexa un lugar limpo e agradable para vivir, e para que a imaxe da cidade que poden levar peregrinos ou turistas sexa a axeitada acorde coa nosa realidade, tendo en conta o gran potencial que Tui ten polos seus atractivos históricos, naturais, patrimoniais, …

Relacionadas

Tomiño celebra o Scratch Day 2024 cun seminario gratuíto para a rapazada

0
Neste curso de balde achegaranse ao mundo da programación desenvolvendo videoxogos deportivos. Será o sábado 21 de setembro na Aula CeMIT TA paixón polos videoxogos...

A Escola de Teatro de Tomiño sube o pano para o curso 2024/2025

0
As clases comezarán o vindeiro 1 de outubro. As persoas interesadas en participar poden facer xa a súa inscrición a través da web do...

A Deputación ultima o prazo para que os deportistas de alto nivel da provincia...

0
A institución provincial aumentou o crédito dedicado a esta liña de subvencións, que se poden solicitar ata o martes 17 de setembro, nun 10%...

O Concello acolle un novo seminario deste programa da Universidade de Vigo que busca...

0
O Rosal estrea curso lectivo cunha nova sesión das Mareas de Coñecemento, un proxecto da Universidade de Vigo que busca achegar o saber científico,...

Un total de 66 ‘Autos Tolos’ protagonizarán este sábado a popular Baixada de Carrilanas...

0
O evento está organizado este ano entre o Concello de Nigrán e a Asociación Cultural A Camoesa, que disporá de 35 voluntarios A proba terá...

O GDR Terra e Auga presentará as novas estratexias LEADER

0
O GDR Terra e Auga convida a participar na xornada de presentación das novas estratexias LEADER que terá lugar na Casa da Xuventude das...

Publicacións Relacionadas