Home Pontevedra Baixo Miño O Concello de Tui recoñeceu esta mañá ás empresas colaboradoras co emprego...

O Concello de Tui recoñeceu esta mañá ás empresas colaboradoras co emprego local

- Anuncio -

Foi durante as xornadas “Xuntos polo Emprego” no que se reafirmou co compromiso da administración local por mellorar a empregabilidade da veciñanza

O Concello de Tui entregou esta mañá unha serie de recoñecementos ás empresas e entidades colaboradoras co emprego local en moi diversos ámbitos dende o institucional, asociativo e empresarial. Deste xeito quíxose plasmar o agradecemento do Concello de Tui con todos e todas cantos contribúen a mellorar a empregabilidade das persoas. Foi no transcurso da xornada “Xuntos polo emprego” celebrada na Sala Félix Rodríguez, no edificio Francisco Sánchez.
O peche da xornada correu a cargo do alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, do delegado do Estado en Zona Franca, David Regades, e do presidente da Asociación de Empresas do Parque Empresarial de Areas, Jesús López.
O alcalde de Tui, Enrique Cabaleiro, explicou coma con esta xornada quérese “trasladar o noso recoñecemento e gratitude a todo o tecido asociativo ,empresarial e comercial do concello de Tui”. Engadiu que coa mesma tamén se pretende “ir saldando unha vella débeda que as veces temos os representantes públicos co noso sector privado e sentar as bases para seguir traballando neste ámbito de colaboración e entendemento que é necesario para o desenvolvemento social e económico do concello de Tui”.
Salientaba Enrique Cabaleiro coma o traballo desenvolvido ao longo de todos estes anos “reflicte a importancia da estreita colaboración que ten que haber entre o conxunto das administracións públicas e tamén o sector privado”. Recoñecía así o rexedor o compromiso das empresas “co territorio e coas persoas”. Deu conta tamén coma dende a administración local enténdese que as políticas de emprego son claves e fundamentais. Nese senso destacou o traballo realizado dende o Concello, co apoio económico de distintas administracións, para mellorar a empregabilidade da cidadanía. Referiuse ao papel clave do sector empresarial para poder dinamizar e crear emprego.
David Regades, o delegado do Estado no Consorcio da Zona Franca de Vigo, repasou a actividade desta entidade e lembrou os seus obxectivos “impulsamos a economía e creamos emprego”. Avanzaba que co Concello de Tui están a desenvolver un Plan Estratéxico, “un plan de acción co que desenvolver modelos de éxito, no que buscamos a participación e facilitación das empresas mixtas, as empresas público-privadas”, nas que dicía temos unha ampla experiencia.
Pola súa banda Jesús López, presidente da Asociación Empresarial de Areas, destacou que para Tui é “un orgullo ter un parque empresarial” no que hai empresas de diversidade de sectores. Coma reto do colectivo que preside sinalou incorporar unha bolsa de emprego na súa páxina web, e sinalou coma o Servizo de Orientación do Concello de Tui é un exemplo a seguir. Remataba amosando a súa satisfacción polo feito de que Tui estea relanzando o mundo empresarial.
A concelleira de Formación e Emprego, Ana Mª Núñez, manifestou a súa satisfacción polo desenvolvemento desta xornada coa que se quixo pór de relevo e en valor o papel clave das empresas, e a importancia da colaboración entre o sector privado e o público de cara a lograr o pleno emprego. Con esta iniciativa ponse de manifesto, nunha nova ocasión, o compromiso do seu departamento co emprego e coa colaboración coas empresas para crear oportunidades laborais.
A xornada comezou coa presentación do balance do servizo de Orientación Municipal que en 2022 atendeu a 108 mulleres e 52 homes, contactou con 276 empresas, e tramitou 318 ofertas de emprego. Tamén se expuxo o traballo que durante un ano vai realizar o Programa Integrado de Emprego como Servizo de Recrutamento, e que ten coma obxector lograr a inserción laboral de ao menos de 45 das 100 persoas participantes. Antía Romero, xefa de persoal e responsable de talento de Vegalsa abordou a responsabilidade social empresarial coma xeradora de emprego e competitividade nas empresas. Mentres Belén Varela de RH Positivo – Organizaciones Optimistas e autora de Jobcrafting ofreceu a ponencia “Grac-titute”. O acto foi presentado por Victor Grande.

Relacionadas

O Concello presenta a sexta edición da Feira de Minerais de Guláns que inclúe...

0
• O evento, que se desenvolve entre o 3 e 5 de maio, inclúe obradoiros nos colexios do municipio O Concello presentou a sexta edición...

Ruta guiada polo Val do Louro, Covelo, este domingo día 28

0
De trazado circular e dificultade media, o PRG-258 pode realizarse en arredor de cinco horas partindo ás 09:00 horas do monte da Guía, en...

O proceso participativo da estratexia 2030 recaba as ideas dos axentes sociais da vila

0
• As principais entidades asociativas da vila e empresas expuxeron as súas inquedanzas • Con esta reunión preténdese crear un camiño de unión no cumprimento...

Portas rendirán homenaxe ao cartógrafo e matemático Domingo Fontán no 236 aniversario do seu...

0
O acto desenrolarase este domingo ás 12 horas na Casa de Cultura no lugar de Porta do Conde, lugar de nacemento do insigne ilustrado. A...

Play-Doc reivindica o pasado e o presente do cinema galego na súa 20 edición

0
Play-Doc presenta os trece títulos da Competición Galicia e inaugura a sección Sombras, dedicada a recuperar películas de cineastas galegos cuxa obra foi pouco...

O Concello de Nigrán ofrece este domingo no muíño de Porto do Molle o...

0
A escritora e editora Blanca Trigo suma o seu talento ao do pintor Ramón Trigo para crear unha obra conxunta de gran formato O Concello...

Publicacións Relacionadas