HomePontevedraBaixo MiñoO Concello de Tui súmase á Hora do Planeta apagando a iluminación...

O Concello de Tui súmase á Hora do Planeta apagando a iluminación da Catedral

- Anuncio -spot_img

Será mañá sábado, 22 de marzo, de 20.30 a 21.30 h

O Concello de Tui reafirma o seu compromiso na loita contra o cambio climático e súmase, un ano máis, á iniciativa global da Hora do Planeta, promovida por WWF. Mañá, sábado 22 de marzo, entre as 20.30 h e as 21.30 h, a iluminación da Catedral de Tui apagarase como xesto simbólico para concienciar sobre a urxencia de actuar fronte ao cambio climático.

Tui é un dos 468 concellos españois que participarán nesta acción, dos que 26 son galegos.  

A Hora do Planeta naceu en Sídney no ano 2007 como un sinxelo xesto para chamar a atención sobre a emerxencia climática. O que comezou como unha acción local converteuse nun movemento global que mobiliza millóns de persoas en case 200 países cada mes de marzo.

A evidencia científica alerta sobre a necesidade de manter o aumento da temperatura global por baixo dos 1,5 °C para evitar consecuencias irreversibles. O ano 2024 xa foi o máis cálido da historia dende que existen rexistros, alcanzando ese limiar crítico. Este incremento está a provocar fenómenos meteorolóxicos extremos cada vez máis frecuentes, con impactos directos sobre o medio ambiente e a sociedade.

Con este pequeno pero significativo xesto, Tui reitera a súa implicación na defensa do medio ambiente e anima á cidadanía a participar apagando as luces durante esa hora.  

Publicacións Relacionadas