HomePontevedraDezaO concello de Vila de Cruces mantén a maxia coa visita das...

O concello de Vila de Cruces mantén a maxia coa visita das Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente

- Anuncio -spot_img

En todo momento respectouse as normas de seguridade por causa da pandemia.

As Súas Maxestades Os Reis Magos de Oriente, ataviados con máscaras, Quixeron ter  un encontro cos cativos do municipio mantendo en todo momento o distanciamento social e as medidas sanitarias. Membros de Protección Civil e voluntarios con xel hidroalcólico foron desinfectando, un a un, as mans dos asistentes a este evento e controlando o aforo en todo momento.

Os Reis Magos chegaron a terras do Deza esta tarde onde foron recibidos polo alcalde, Luis Taboada, e os concelleiros Julio López e Mireya Otero quen lle deron a benvida ao concello ás Súas Maxestades. O alcalde aproveitou para informar as Súas Maxestades do ben que se portaron todos os cativos e cativas de Vila de Cruces.

As Súas Maxestades decidiron recibir os cativos no interior do Auditorio Municipal Xosé Casal, desde as 17 horas ata as 20 horas, debido as baixas temperaturas que estamos a sufrir o longo de estes días, lembráronlle aos asistentes a importancia de deitarse cedo, poñer nas portas ou xanelas os zapatos ben limpos e deixar algo de beber e comer para os camelos e tamén para as Súas Maxestades, xa que esta noite a pesares de que todo este conxelado, confirmaron que se pasaran por todas e cada unha das vivendas de Vila de Cruces para deixar os agasallos que os nenos e nenas lles pediron nas súas cartas.

Publicacións Relacionadas