Devido a transcendencia do Covid-19 ata o día de hoxe non se puido facer a presentación do calendario municipal.
O grupo de Goberno quere que todas as casas conten con un calendario que no seu interior esta cheo de imaxes fermosas da nosa Vila
O que fixo posible o poder presentar hoxe este calendario, foi grazas a Jose Ramón Silva, que desinteresadamente doou o seu arquivo fotográfico para que puidera usalo o concello.
Vila de cruces presentou no día de hoxe o calendario municipal para este ano 2021, un calendario que se presenta algo tarde debido ás complicacións de ultímalas semanas coa pandemia na nosa Vila. Este calendario, esta feito nun formato de revista colecionable, para que todos aqueles veciños que unha vez finalizasen o ano poidan gardalo e conservalo no tempo, un calendario que nesta ocasión pretende mostrar todas as marabillosas paisaxes coas que contamos en Vila de Cruces. O concello para evitar aglomeracións vai deixar nos comercios da vila exemplares para que todos os veciños que queiran telo poidan collelo de paso que realizan as as súas xestións na Vila, Tamén unha vez que nos permitan abrir os centros culturais, poderán collelo nos mesmos, e por suposto no noso concello esta a a vosa disposición. O grupo de Goberno quere agradecer a José Ramón Moire Silva, que doase as fermosas imaxes, coas que conta no seu interior, e como non pode ser doutra maneira hoxe presentou co grupo de Goberno este calendario, que conta coas imaxes que saíron do seu obxectivo fotográfico.