HomePontevedraDezaO concello de Vila de Cruces suspende os actos previstos para este...

O concello de Vila de Cruces suspende os actos previstos para este 4 de febreiro do 2021

- Anuncio -spot_img

Suspendese a tradicional Feira do día 4

Suspendese a que ía ser a XXIX Festa do Chourizo

O grupo de Goberno tomou a decisión de suspender os actos que se ían a celebrar este vindeiro 4 de febreiro. Como de todos e coñecido o Covid-19 non está dando tregua nas últimas semanas a ninguén, e Vila de Cruces que Gozou todos estes meses de ser un dos que contaba con menos contaxios da comarca, pero nestes intres xa se conta con 66 casos confirmados, (dos cales 4 tiveron que ser hospitalizados), por este motivo o grupo de Goberno tomou a decisión de suspender os actos previstos para o 4 de febreiro por sentido común e para evitar a posibilidade de aumentar estes contaxios. Un dos actos que se suspenderá e a tradicional Feira do día 4, esperando que o vindeiro 17 de febreiro se poida levar a cabo dita Feira como está previsto, por suposto para a súa celebración teremos que ter liquidado a maioría dos casos do Covid no noso concello, xa que si non baixamos a incidencia de contaxios a un número razoable, non poderemos celebrala, ou ben si a Xunta de Galicia incrementa as restricións, do cal informaremos no momento oportuno. Outro dos actos que non se poderá celebrar vai ser a Festa do Chourizo, unha festa gastronómica que conta con unha antigüidade de 29 anos de celebracións continuas que esta edición a numero XXIX terá que ser suspendida non vendo a posibilidade de aprazarse, e desexando que todos volvamos a normalidade canto antes e poder celebrala con máis ganas e máis forzas o vindeiro ano. O grupo de Goberno co seu alcalde a cabeza Luís Taboada, quere agradecer o saber estar dos cruceños e cruceñas nestes momentos tan complicados, e tamén quere dar a coñecer que o goberno de Vila de Cruces esta con todos os seus veciños, e cos seus empresarios e empresarias, que en estes momentos tan mal o están pasando, e desde o goberno xa se están a estudar, alternativas para axudar o comercio e a hostaleira, que son os sectores máis danados nestes intres, para iso xa teñen redactado os presupostos do ano 2021, que segundo a concelleira de economía Mireya serán os presupostos máis sociais, e con máis axudas Económicas o Comercio, o Deporte ea Cultura na historia de Vila de Cruces. Comunicación Concello de Vila de Cruces Un presuposto que se ía entregar ao grupo da oposición este pasado venres, e que non puido ser por motivo de que o Covid-19 provocou baixas no consistorio o dar positivo un dos funcionarios, pero o grupo de goberno quere tranquilizar a cidadanía informando que de momento ningún funcionario máis deu positivo, e espera que unha vez transcorran os días de reclusión se tome a normalidade de inmediato, algo que o alcalde da por feito, porque e coñecedor da gran profesionalidade dos seus funcionarios e do seu espírito de sacrificio. O compromiso de Luís Taboada e o seu grupo de goberno, e que en canto se normalice a situación, retomaran este presuposto, que como todos os veciños saben terá que ser ratificado no pleno coa súa aprobación, para poder executalo, pero Julio López tenente de alcalde e responsable de Comercio, Cultura e Deporte entre outras concellarías, manterá entrevistas cos sectores afectados para explicarlle cales van ser eses incrementos no novo presuposto antes de levalo a pleno para a súa aprobación, xa que como di Julio López “eu teño que contar coa opinión dos meus veciños e veciñas, máis si cabe nun ano coma este, xa que os poucos recursos que temos, teñen que servir para axudalos” O grupo de goberno agradece novamente o sacrificio de todas e de todos, e sigue pedindo a responsabilidade de todos/as nestes momentos tan complicados, e para iso temos que seguir as normas de hixiene e de distanciamento que nos están a transmitir desde a Xunta de Galicia e os organismos oficiais.

Publicacións Relacionadas