HomePontevedraPontevedraO concello de Vilaboa establece unha taxa para a celebración de matrimonios...

O concello de Vilaboa establece unha taxa para a celebración de matrimonios civís

- Anuncio -spot_img

A nova ordenanza fiscal fixa un importe de 120 euros para cerimonias na Casa Consistorial e 145 epara celebracións noutras localizacións do municipio

Vilaboa, 18 decembro 2025.-  O Concello de Vilaboa aprobou unha ordenanza fiscal reguladora da taxa pola prestación do servizo de matrimonios civís, que establece as condicións económicas para a celebración destas cerimonias no termo municipal.

A taxa, que responde aos custos asociados á prestación deste servizo municipal, fixa dúas tarifas diferenciadas: 120 euros para as cerimonias celebradas na Casa Consistorial e 145 euros para aquelas que teñan lugar noutras localizacións do municipio, sempre que sexan oficiadas polo alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.

Este importe permite cubrir os gastos derivados da organización e celebración dos enlaces civís, que inclúen a preparación das instalacións, a dispoñibilidade do persoal municipal necesario, a tramitación administrativa e a presenza do celebrante autorizado durante a cerimonia, xa sexa en horario habitual ou fóra del.

O pagamento da taxa realizarase mediante autoliquidación no momento de presentar a solicitude no rexistro xeral do Concello, sendo requisito imprescindible para a tramitación do expediente. Os interesados deberán efectuar o ingreso na conta bancaria municipal, especificando no concepto “Taxa matrimonio civil” e o nome do contraente solicitante.

A aprobación desta taxa responde á crecente demanda deste tipo de ceremonias civís na localidade correspondendo que no ano 2025 acolleu a celebración de máis de 60 matrimonios, o 90 por cento dos mesmos de persoas empadroadas noutros municipios da contorna.

Publicacións Relacionadas