Sumouse á petición do alcalde, César Poza, de recuperar este tramo nun espazo singular e de gran valor ambiental
O goberno local de Vilaboa aproveitou a presenza de Papá Noel na localidade para amosarlle o potencial que teñen as vellas vías agora sen uso do ferrocarril e formarían parte da Vía Verde proxectada no seu día polo Administrador de Infraestructuras Ferroviarias (ADIF) pero paralizada desde hai máis dunha década.
A bordo dunha vagoneta adaptada para a ocasión, Papá Noel percorreu este paraxe natural e sumouse á reivindicación do Concello de Vilaboa para desbloquear un proxecto que aspiraba a converterse na maior senda peonil e ciclista do noroeste peninsular e que contribuiría a poñer en valor e dinamizar entornos rurais, ademáis de favorecer a actividade física en contacto coa natureza
César Poza, que acompañou a Papá Noel neste percorrido insistiu na importancia de desafectar este tramo situado nun espazo moi singular e de gran valor ambiental e que abriría a posibilidade de conexión coas Salinas do Ulló de xeito amable e seguro
Recordou a petición de Vilaboa de poder utilizar a vía como senda verde mentras Adif non acorda outro uso xa que agora é un foco de maleza, de contaminación e un perigo para a veciñanza

