HomePontevedraCaldasO concello destaca o gran impacto económico da XXVI edición da Festa...

O concello destaca o gran impacto económico da XXVI edición da Festa Gastronómica do Lacón con Grelos

- Anuncio -spot_img

• Ao longo do último mes, eventos que formaban parte do programa, como o TapaLacón celebrado en febreiro, o concerto de OBK, o Entroido, a lectura do pregón e a degustación na carpa trouxeron á vila a milleiros de persoas

• O alcalde, Manuel Campos, salienta a gran actividade que tiveron os establecementos hostaleiros cuntienses, así como o sector comercial, e adianta que o Goberno local seguirá traballando para conseguir que o evento sexa declarado como Festa de Interese Turístico Nacional

O alcalde de Cuntis, Manuel Campos, salienta o gran impacto económico, lúdico que social que tivo a XXVI edición Festa Gastronómica do Lacón, un evento que segue consolidándose, máis dun cuarto de século despois, como unha das citas culinarias máis importantes de toda Galicia. A convocatoria deste 2025 resoltou ser unha das más exitosas e multitudinarias dos últimos tempos, tal e como salientou o rexedor. Ao longo de practicamente un mes, desde a celebración do TapaLacón en febreiro, contáronse por milleiros as persoas que visitaron Cuntis para gozar das diferentes propostas que formaban parte da programación. Ademais das máis de 2.000 persoas que se deron cita na carpa o pasado domingo para gozar coa degustación de racións de lacón con grelos, patacas e chourizo (ademais de bebida e sobremesa, cun prezo de 20 euros por comensal), hai que engandir o milleiro de asistentes ao concerto de OBK durante a noite do sábado, cunha carpa totalmente abarrotada. Este bo ambiente tamén tivo continuidade nos establecementos hostaleiros da vila, que rexistraron unha gran actividade ao longo de toda a fin de semana. “Quedou demostrado, unha vez máis, que a Festa do Lacón é moito máis ca un evento gastronómico, sendo un motor dinamizador para a nosa economía local moi importante, polo que imos seguir apostando por ela de xeito decidido”, sinalou Campos Velay. Neste sentido, hai que salientar tambén a boa acollida do certame de tapas TapaLacón, cos nove establecementos participantes despachando miles de racións, así como os cursos de cociña que se desenvolveron nas parroquias ao longo das últimas semanas, sen esquecer o Entroido, coa participación de grupos tradicionais e folclóricos locais e o Entroido Tradicional de Cobres.
Por outra banda, o alcalde adiantou que o Concello de Cuntis ten previsto realizar a tramitación correspondente para conseguir que a Festa Gastronómica do Lacón con Grelos sexa declarada como Festa de Interese Turístico Nacional, o que “sen lugar a dúbidas lle daría un pulo moi importante a nivel de asistencia e notoriedade”, apuntou. Hai que lembrar que na actualidade o evento xa conta coa catalogación de Festa de Interese Turístico de Galicia, o que facilita que reciba a persoas das catro provincias da Comunidade Autónoma.
O Concello tamén salienta a máxima afluencia á lectura do pregón, que este ano correu a cargo da artista Fátima Pego. A maiores, funcionou moi ben a nova Ruta da Camelia, con 17 escaparates, con Mi Vestidor Azul, Zapatería Reboredo, Zapatería Mapi, Zapatería Caamaño, Espacio Fusión, O Rincon das Burgas, Carmiña Boutique, Electrodomésticos Louzao, Floristeria Xunco, Roupa Gosende, Agricola Hórreo, Andrea Fernández Peluquería, Farmacia Rubira, Nath Moda, SERTEC Inmobiliaria, Espazo CuntisXove  e Fundación Terra Termarum como participantes. Esta proposta, ademais, contou cunha mostra específica organizada por José Castro, María Jesús Melón e Antía Formoso e que se realizou a modo de homenaxe póstuma a Manuela Couso, considerada a Dama da Camelia. Os expositores, o ‘photocall’ e a combinación de gastronomía, arte floral e ambiente festivo foron factores que atraeron a moitas persoas, como tamén sucedeu coa mostra de Cerámica de Castrolandín ou coa Feira do Mel.
“Seguiremos a traballar para continuar mellorando o noso evento estrela, sen que perda a súa esencia e a súa tradición”, concluíu Manuel Campos.

Publicacións Relacionadas