Axilizará a execución dos traballos debido ao avanzado estado de deterioro do firme
O goberno local ten listo o proxecto de mellora do camiño de acceso a Area de Secada que consistirá no asfaltado do vial que bordea o depósito do barrio do Monte e a subida cara O Santo, ademáis dun tramo lateral sen saída.
O edil de Servizos, Luis Arosa, recoñece que se trata dun asfaltado urxente debido ao notabe deterioro da capa de rodadura, polo que o Concello axilizará a execución destes traballos.
O proxecto, que terá un coste total de 48.097,5 euros, está á espera da autorización da Deputación Provincial xa que se executará con cargo ao remanente resultante da revalidación que Europa fixo do modelo de mobilidade sostible da provincia ao aprobar unha achega de 814.160 euros do programa DUS500 para a urbanización, recuperación de espazos e mellora da mobilidade peonil na Avenida Castelao e que tivo un retorno para o Concello de A Illa de 244.262 euros.
A recuperación da porcentaxe local cuberta pola subvención europea permite ao Concello executar outras catro obras urxentes en melloras de pavimentado e accesos a camiños. “Esta actuación é unha prioridade para nós e confiamos en poder iniciar as obras con premura”, apunta Luis Arosa.



