Home O Salnés O Grove O Concello do Grove afianza a súa presenza nos Premios Youtubeir@s

O Concello do Grove afianza a súa presenza nos Premios Youtubeir@s

- Anuncio -

O Grove participa por quinto ano consecutivo na organización deste certame para fomentar a videocreación en galego na Rede, que este 2021 se centra nas canles e na formación en liña.

Os Premios Youtubeir@s, organizados polos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, Ames, O Grove, Moaña, Negreira, Pontevedra, Ribadeo, Rianxo, Santiago de Compostela e Teo, das tres universidades galegas e da Deputación da Coruña, lanzan a súa quinta edición cos obxectivos de fomentar a creación e mantemento de canles en Youtube, así como de afondar na formación técnica para as persoas creadoras de contidos en lingua galega na Rede.

Baixo o lema Magnetismo en liña, a iniciativa volverá repartir un total de 7.500 euros en premios nas doce categorías nas que se divide o certame. O concurso estará aberto a todas as persoas maiores de 14 anos con canles de Youtube en galego, autoproducidas e que teñan polo menos cinco vídeos publicados con data posterior ao 23 de outubro de 2020. O prazo de inscrición abrirase o 10 de setembro e as bases deste ano pódense consultar xa na web www.youtubeiras.gal.

Os Premios Youtubeir@s, que teñen como finalidade ser acicate da creación en Youtube con temáticas e formatos diversos, así como promover e visibilizar as/os youtubeiras/os en galego, ofrecerán unha serie de sesións formativas para procurar a mellora da calidade técnica dos vídeos por unha banda e, pola outra, para dotar as persoas creadoras de ferramentas globais para a súa actividade. Deste xeito, a formación será nesta quinta edición máis especializada que en anos anteriores.

O primeiro dos cursos en liña chegará o vindeiro 18 de xuño e correrá a cargo de Xoán Escudero, técnico de son e realizador audiovisual, que compartirá co alumnado diferentes mecanismos para perfeccionar a técnica sonora e as gravacións dos vídeos no Youtube. Ademais, ao longo do ano realizaranse outras sesións nas que se abordarán cuestións de diferente índole, como son os aspectos legais e os dereitos de propiedade intelectual ou de posicionamento da creación dixital nesta rede. A inscrición para a sesión de Son e Youtube, xa está aberta a través do formulario que se atopa na web www.youtubeiras.gal. Os cursos terán as prazas limitadas e impartiranse de forma telemática para adaptarse á situación sanitaria.

Primar as canles

Nesta quinta edición dos Premios Youtubeiras, a organización quere fomentar a creación e o mantemento de canles, polo que neste 2021 só se poderán presentar canles e non vídeos illados como en anos anteriores. Esa será a gran novidade nas bases destes V Premios Youtubeiras que, por segundo ano consecutivo, se dividen en 12 categorías: canle, vídeo, youtubeiro/a, calidade lingüística, impacto, calidade técnica, comunicación, creatividade, musical, didáctico, pioneiro e premio do público. Os tres primeiros acompañaranse cunha dotación económica de 1.000 euros, mentres que os nove restantes chegarán aos 500 euros.

Un xurado profesional escollerá as propostas premiadas, agás no caso do premio do público. Neste apartado, os/as seguidores/as serán quen propoñan os seus vídeos preferidos para concorrer neste apartado. As suxestións poderanse facer só a través do formulario habilitado na páxina web do Proxecto Youtubeiras, cumprirán cos mesmos requirimentos das bases xerais e realizaranse antes do 22 de outubro de 2021.

Relacionadas

A Deputación leva ata A Estrada o programa “Aquí faltan páxinas” para afondar na...

0
A deputada de Igualdade, Sandra Bastos, abrirá o faladoiro este xoves 18 de abril, ás 19:00 horas, no Museo do Moble e a Madeira...

A vicepresidenta Luisa Sánchez visita a Fundación Provincial do Banco de Alimentos de Vigo

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, xunto coa deputada de Benestar Social, Sandra Bastos, visitou hoxe a sede que a Fundación Provincial...

Cannabis e cocaína, as substancias máis consumidas das persoas usuarias da Asociación Érguete en...

0
A maioría das persoas que accederon a entidade a través do seu Servizo Xurídico comezaron a consumir entre os 15 e 18 anos Unha das...

Zafarrancho de limpeza nas rúas Antón Vilar Ponte e Altamira

0
A Concellaría de limpeza viaria dirixida por Xaquín Moreda realiza esta semana un zafarrancho de limpeza nas  rúas Antón Vilar Ponte e Altamira.   Como vén...

O Concello de Nigrán inaugura o muíño de Porto do Molle este sábado con...

0
A festa, aberta a toda a veciñanza, terá lugar a partir das 11:30 horas coa presenza das 'Pandereteiras do Sobreiro', a proxección da curta...

O Concello de Redondela mantense firme na necesidade de recuperar o cargadoiro Coto Wagner

0
-A alcaldesa de Redondela e o novo presidente da Autoridade Portuaria de Vigo mantiveron esta mañá a primeira reunión oficial dende o relevo de...

Publicacións Relacionadas