HomeO SalnésO GroveO Concello do Grove contratará de 19 desempregados a través do Plan...

O Concello do Grove contratará de 19 desempregados a través do Plan Concellos

- Anuncio -spot_img

A Deputación de Pontevedra ven de concederlle ao Concello do Grove subvención para a contratación de 19 persoas desempregadas inscritas no servicio público de emprego, sempre respetando a preferencia na contratación dos colectivos mais desfavorecidos, a través da Liña 3 Emprego, dentro do Plan Concellos 2023.

As 19 persoas corresponden a 6 peóns de obras públicas, 5 peóns forestais, 2 peóns de xardinería, 2 condutores, 2 auxiliares administrativos, 2 animadores socioculturais. Todos con contrato por 6 meses a xornada completa.

As ofertas tramitaranse a través da oficina de emprego do Servizo Público de Emprego.
As persoas contratadas veñen a reforzar os servizos municipais para execución de diversas obras e servizos de recuperación de zonas degradas, traballos recuperación mobiliario urbano, espazos forestais, mellora no servizos administrativos e culturais . Tanto na zona urbana como rural. O obxectivo é ter preparados os recursos municipais para o verán nun concello turístico como é O Grove.

Publicacións Relacionadas