Home O Salnés O Grove O Concello do Grove ditamina os premios do Concurso de Fotografía polo...

O Concello do Grove ditamina os premios do Concurso de Fotografía polo Día Internacional da Muller

- Anuncio -

As vinte fotos finalistas poderanse ver ata fin de mes nunha exposición na Casa do Concello.

O xurado do Concurso de Fotografía polo Día Internacional da Muller reuniuse telematicamente o serán do pasado venres para seleccionar os premios deste ano. O concurso contou cunha importante participación, xa que foron 86 as fotografías presentadas, que chegaron ao Grove desde distintos lugares de Galicia, de España e mesmo de doutros países como Portugal, Colombia e Chile. O xurado estivo formado por integrantes do Consello Local de Igualdade e por profesionais da fotografía.

Finalmente o primeiro premio, dotado con 350 euros, recaeu en Vicente Guill Fuster, de Castalla (Alacante), pola súa fotografía “Artista luchadora”; o segundo, de 250 euros, en David Piqueras Aparicio, de Sagunto (Valencia), quen foi galardoado pola súa instantánea titulada “Artista”; o terceiro premio, de 150 euros, foi para o madrileño José Ángel Arias Tomás pola súa foto “Más que la manicura”. Por último, o Premio Impulso á Promoción da Muller, dotado con 250 €, foi para a imaxe “Como una madre”, de Antonio Atanasio Rincón, de Cidade Real.

O xurado, composto por Ana María Gondar, Nuria Atanes, Martín González, Cristina Domínguez e Rosa María Blanco, alén de elixir as fotografías premiadas, tamén se encargou de preseleccionar vinte das obras presentadas para formaren parte dunha exposición que poderá ser visitada na Sala das Cunchas e na Sala das Dornas da Casa do Concello desde mediados desta semana ata o día 31 de marzo. Así mesmo, co fin de lles dar maior visibilidade a estas vinte imaxes finalistas e asemade minimizar o risco de contaxio da Covid-19, tamén se poderán ver de maneira virtual nun vídeo que será publicado estes días no Facebook do Consello Local da Igualdade do Concello do Grove.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas