Home O Salnés O Grove O Concello do Grove ofrece cursos de lingua galega de balde impartidos...

O Concello do Grove ofrece cursos de lingua galega de balde impartidos na modalidade de teleformación

- Anuncio -

As clases comezarán o a última semana de febreiro e prolongaranse ata a primeira de xuño.

Como en anos anteriores, o Concello do Grove, a través do seu Servizo de Normalización Lingüística (SNL), vai poñer en marcha dous cursos de galego gratuítos para persoas adultas, un de nivel inicial e outro máis avanzado dirixido a quen xa teña un coñecemento básico do idioma.

A matrícula xa está aberta e pódese inscribir nesta actividade calquera persoa maior de 16 anos (ou que os cumpra en 2021) que desexe adquirir ou mellorar os seus coñecementos sobre o noso idioma.

Por mor da crise sanitaria da Covid-19, as clases serán en liña, polo que as persoas interesadas deberán dispor dunha conta de correo electrónico e dun ordenador ou tableta con micrófono, altofalantes, cámara, unha boa conexión a internet e un navegador web actualizado.

Os cursos, de 40 horas lectivas, teñen unha perspectiva de interculturalidade e diversidade, polo que poderán asistir persoas de dentro e de fóra de Galicia. Así pois, os seus contidos estarán dirixidos tanto a quen procure formación para se iniciar no coñecemento da lingua galega como a quen pretenda mellorar a súa competencia no uso do galego estándar e mesmo queira presentarse ás probas para obter o Celga.

O prazo de inscrición nestes cursos xa está aberto e remata o venres 19 de febreiro (incluído). As clases do nivel inicial comezarán o 22 de febreiro e serán todos os luns e os mércores de 10.00 a 11.30 h; as do nivel avanzado impartiranse todos os martes e os xoves no mesmo horario e comezarán o día 23 deste mesmo mes.

Máis información e inscricións, no Servizo de Normalización Lingüística do Concello do Grove a través do teléfono 986 733 190 (de 9.00 a 14.00 h) ou enviando un correo ao enderezo electrónico normalizacionlinguistica@concellodogrove.es.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas