HomeO SalnésO Grove O concello do Grove organiza un campamento dixital en Semana Santa para...

 O concello do Grove organiza un campamento dixital en Semana Santa para axudar ás familias a conciliar

- Anuncio -spot_img

O luns 14 de abril  O Concello do Grove puxo en marcha un Campamento Dixital dirixido a mozos e mozas de 9 a 13 anos que durarará ata o mércores 16 de abril. Estase realizando no colexio das Monxas en horario de 9.00-14.00 horas e axuda ás familias do Grove a conciliar a vida familiar e laboral durante as vacacións de semana santa dos e das estudiantes.

Esta actividade é unha iniciativa impulsada pola Fundación Cibervoluntarios, dentro do Programa de Competencias Dixitais para a Infancia, CODI, posto en marcha polo Ministerio de Xuventude e Infancia, financiado pola Unión Europea-Next Generation EU.

No Campamento Dixital, os 18 mozos e mozas participantes deberán ir completando etapas e misións para conseguir logros. Deste xeito, en cada aventura irán adquirindo novas competencias dixitais para utilizar Internet e as ferramentas dixitais de forma útil, creativa, segura e responsable.

Ao finalizar, os participantes recibirán un certificado DigComp que acredita os coñecementos e competencias adquiridas na utilización das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións dentro do marco europeo.

Publicacións Relacionadas