Home O Salnés O Grove O Concello do Grove presenta a XXII Carreira da Festa do Marisco

O Concello do Grove presenta a XXII Carreira da Festa do Marisco

- Anuncio -

• A competición terá lugar o próximo domingo, 9 de outubro, coincidindo co segundo fin de semana da festa

• O percorrido ten un máximo de 10 quilómetros de lonxitude, que varía en función da categoría

• As inscricións xa se poden formalizar a través da páxina web www.galitiming.com

O Concello do Grove presenta a XXII Carreira da Festa do Marisco. O alcalde, José Antonio Cacabelos, xunto co concelleiro de Deportes, Santiago Meis, presentaron a cita hoxe pola mañá na Carpa Degustación do recinto.
A competición, que terá lugar o vindeiro domingo, 9 de outubro, ten 10 quilómetros de percorrido e divídese en 8 categorías en función da idade dos participantes, con distancias diferentes para cada unha delas.
As categorías coas súas correspondentes distancias son as seguintes:
• Prebenxamín ata 6 anos: 250m
• Benxamín de 7 a 9 anos: 500m
• Alevín 10 e 11 anos: 1000m
• Infantil 12 e 13 anos: 1000m
• Cadete 14 e 15 anos: 1.500m
• Xuvenil 16 e 17 anos: 1.500m
• Absoluta de 18 a 44 anos: 10.000m
• Veterano a partir de 45 anos: 10.000m
As inscricións xa se poden formalizar a través da páxina web de www.galitiming.com.
Recibirán trofeo os primeiros clasificados de cada categoría a partir de infantil. Os prebenxamíns, benxamíns e alevíns recibirán unha medalla.
O primeiro clasificado recibirá 250€, o segundo 200€ e o terceiro 100€. Para recoller os premios en metálico será necesario presentar o DNI.
Ademais, os primeiros clasificados masculinos e femininos locais recibirán un trofeo e un bono de consumición para a Festa do Marisco.
Na última edición, celebrada no 2019, o gañador en categoría masculina foi Ivan Roade Lago, do Adas Proinor, mentres que na categoría feminina a gañadora foi Leticia Fernández Barbosa, do Rungalicia-Intersport.
Segundo apunta o alcalde, José Antonio Cacabelos, “estamos a falar dunha cita xa consolidada dentro da programación da Festa do Marisco, xa que a carreira celebra a súa vixésimo segunda edición”.
“Trátase dunha das actividades complementarias da Festa, que axudan a dinamizar e ampliar a variedade do programa, conseguindo que o evento chegue a máis sectores turísticos da poboación”, engadiu o rexedor.
Por último, o dirixente recalcou que “esta proba ten unha distancia popular, para que todo o mundo poida participar, por iso quero animar a toda a veciñanza, tanto a maiores como os máis cativos, a que participen na carreira para que esta siga medrando xunto con toda a Festa do Marisco”.

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas