Home O Salnés O Grove O Concello do Grove recibe máis de 1000 visitantes na Oficina de...

O Concello do Grove recibe máis de 1000 visitantes na Oficina de Turismo da praza do Corgo

- Anuncio -

Coa apertura da Oficina de Turismo no mes de xuño atendéronse preto de 400 consultas.

A Oficina de Turismo do Grove estivo aberta no mes de xuño en horario de mañá e tarde e foron atendidas case 400 consultas presenciais. Isto supón un total de máis de 1000 visitantes.


Así mesmo respondéronse os correos pendentes e as chamadas acumuladas durante todo o mes e tamén comezaron de novo a inserción de comunicacións a través das redes sociais.
Unha das principais demandas de información está relacionada co Parque Nacional das Illas Atlánticas e coas posibilidades que existen na actualidade para visitalo.

Tendo en conta que no mes de xuño do 2020 a Oficina de Turismo aínda permanecía pechada por mor da pandemia, e tomando como referencia o 2019, apréciase unha diferenza de algo máis de 500 visitas con respecto ao 2021.


Tamén é de destacar que se están a recibir mais visitas do Norte de España que doutras zonas, deixando así de ser Madrid o principal emisor de turistas.


Outro dato relevante é o incremento que se deu na alta de vivendas de uso turístico no municipio que pasa de 295 no ano 2019 a 420 neste ano.

Relacionadas

O GDR Terra e Auga e a EFA A Cancela asinan un convenio dentro...

0
Facer produtivas as sinerxias, aliarse para potenciar os recursos do territorio e dinamizar socioeconómicamente os dez concellos do GDR Terra e Auga son algúns...

O Ciclo de Música de Barcia de Mera sube o pano este sábado ás...

0
A igrexa de San Martiño de Barcia de Mera acolle o primeiro concerto a cargo de Vox Stellae A igrexa de San Martiño de Barcia...

A Deputación e a Real Academia Galega das Ciencias organizan este xoves unha conferencia...

0
A acción, que se desenvolverá de xeito telemático, está enmarcada no ciclo Aida Fernández Ríos e contará coa presenza do deputado provincial Jorge Cubela O...

“70 persoas con discapacidade da comarca de Pontevedra veranse beneficiadas polo programa de atención...

0
Este programa xestionao cogami e cofinancia a Xunta de Galicia a través dos fondos do 0,7 % do IRPF da declaración da renda. A asociación...

O BNG convida ao novo alcalde a unha reunión informativa sobre ALTRI

0
Este venres 26 de Abril ás 20:00 o BNG participará nunha reunión informativa sobre a macrocelulosa que se pretende instalar no concello de Palas...

Brais Méndez e a ONG IGAXES únense para loitar contra o odio e a...

0
Stop Odio nace para promover valores de respecto e igualdade na sociedade a través da educación e o deporte O Concello de Nigrán será...

Publicacións Relacionadas