Home Vigo O Porriño O concello do Porriño abre as inscricións para o campamento de Entroido...

O concello do Porriño abre as inscricións para o campamento de Entroido 2026

0
2
  • O prazo de inscrición pechará o 9 de febreiro ás 9:00 horas

Un ano máis, o Concello do Porriño organiza o Campamento de Entroido, un espazo de encontro para os máis pequenos no que primarán valores como a cooperación, o respecto, a empatía, a sororidade e a solidariedade, ao longo das actividades programadas. O campamento tamén busca favorecer a concilación da vida persoal e laboral das familias do municipio.

O campamento desenvolverase nas instalacións municipais, sendo o lugar de entrega e recollida o C.E.I.P. Xosé Fernández López, en horario de 8:30 a 14:30 horas os días 16, 17 e 18 de febreiro. O aforo está limitado a 50 participantes, tendo prioridade os nenos e nenas de entre 3 e 12 anos empadroados no Porriño.

As persoas interesadas deberán cubrir a folla de inscrición oficial, debidamente asinada, achegando a documentación obrigatoria e, no caso de circunstancias excepcionais, a documentación adicional correspondente. A folla de inscrición estará dispoñible para descarga na web do Concello ou poderá recollerse en Rexistro.

O prazo de inscrición abre hoxe, o 3 de febreiro, ás 9:00 horas e pecharase o 9 de febreiro ás 9:00 horas. A inscrición poderá realizarse presencialmente por rexistro ou en liña.

O alcalde do Porriño, Alejandro Lorenzo, sinalou que: “O Campamento de Entroido é unha actividade pensada para que os nenos e nenas poidan disfrutar, aprender e relacionarse de forma segura e divertida, fomentando valores como a cooperación, o respecto e a solidariedade. Ademais, é unha iniciativa que tamén busca apoiar ás familias na conciliación da súa vida laboral e familiar. Animamos a todas as familias interesadas a inscribir aos seus pequenos canto antes, pois o aforo é limitado”.

Só as persoas que asinan a folla de inscrición poderán entregar e recoller aos menores no campamento. En caso de que outra persoa sexa a encargada, deberá estar autorizada pola persoa asinante, entregando a autorización de entrega e recollida o primeiro día do campamento no lugar de desenvolvemento das actividades.

O Concello lembra aos participantes que non deben esquecer traer roupa cómoda, mochila con bebida e merenda, calzado de reposto e, sobre todo, moitas gañas de disfrutar.