HomeVigoO PorriñoO concello do Porriño aposta pola igualdade as aulas coa iniciativa do...

O concello do Porriño aposta pola igualdade as aulas coa iniciativa do “Banco da Igualdade”

- Anuncio -spot_img

No marco da campaña “8M, 365 días”, o Concello de O Porriño continúa a súa aposta pola concienciación en igualdade desde as idades máis temperás. Hoxe o Alcalde, Alejandro Lorenzo, visitou varios centros educativos do municipio para coñecer de preto o desenvolvemento da iniciativa “Banco da Igualdade”, posta en marcha pola Concellería de Igualdade e Educación en colaboración coa OMIX.

Cada centro participante recibiu un banco de madeira pintado de cor púrpura, que está sendo decorado polo propio alumnado con frases inspiradoras relacionadas coa igualdade, o respecto, a tolerancia e o empoderamento feminino. A actividade busca fomentar o pensamento crítico, o uso da lingua galega e a creatividade, ao tempo que transmite valores fundamentais para a convivencia.

Durante a visita, o rexedor destacou “a implicación e ilusión do alumnado, que está a facer destes bancos un símbolo real e colectivo da loita pola igualdade”. Pola súa parte, a concelleira Carolina González sinalou que “esta actividade é unha forma de implicar á infancia e á mocidade na reflexión sobre a igualdade, promovendo ao mesmo tempo o uso do galego e a creatividade”

Dende o Concello anímase á comunidade educativa a seguir participando, lembrando que a igualdade constrúese día a día, coa implicación de toda a sociedade.

Publicacións Relacionadas