Free Porn
xbporn
Home Vigo O Porriño O concello do Porriño aproba o seu orzamento máis alto: 21 M...

O concello do Porriño aproba o seu orzamento máis alto: 21 M de euros

- Anuncio -
  • O orzamento, que foi aprobado inicialmente cos votos a favor do equipo de goberno e os votos en contra dos grupos da oposición, ascenden a 20.832.693,05 euros
  • Estas serían as segundas contas aprobadas polo executivo que preside Lorenzo, que adianta que xa está traballando no Orzamento do 2025 para presentalo no mes de decembro

O pleno do Concello do Porriño deu hoxe luz verde aos Orzamentos Municipais do 2024. Unhas contas, según o alcalde, Alejandro Lorenzo, que marcan dúas liñas de actuación irrenunciables: a atención ás necesidades das persoas e a prestación de servizos esenciais.

Os Orzamentos, que foron aprobados inicialmente cos votos a favor do equipo de goberno e os votos en contra dos grupos da oposición, ascenden a 20.832.693,05 euros a cifra máis alta da historia do municipio, o que supón un incremento do 9,68% respecto do anterior.

Estas serían as segundas contas aprobadas polo executivo que preside Lorenzo, que adianta que xa está traballando no Orzamento do 2025 para presentalo no mes de decembro. Cabe destacar ata o ano 2023 O Porriño traballaba cun orzamento prorrogado do ano 2018. 

O alcalde incidiu en que se trata dun documento “realista, previsor e riguroso, baseado na eficiencia da xestión dos recursos públicos e que está pensado para que O Porriño avance garantizando sempre a calidade de vida da veciñanza. Unha folla de ruta económica ambiciosa no que respecta aos gastos e prudente se nos referimos aos ingresos”. Neste sentido o rexedor acordou continuar na senda marcada no orzamento do 2023 de redución de impostos e tamén de incremento de axudas sociais e subvencións deportivas e culturais. “Como sempre defendín, así o fixen tamén na oposición opoñéndome ás subidas de impostos e taxas, cunha boa xestión económica pódese reducir a carga fiscal e aliviar ás familias”, explicou, “É sustentable e así o demostran estas contas”.

O rexedor quixo “agradecer o traballo realizado polos técnicos municipais dos diferentes departamentos para sacar adiante estas contas” e tamén ao seu equipo de goberno, que “traballou as súas propostas nas súas áreas”. Hai que indicar que co fin de consensuar este documento, o goberno municipal solicitou no mes de febreiro ao resto dos grupos que remitiran as súas propostas sen que se presentara ningunha. “Lamento que non participaran xa que isto é algo que afecta a toda a veciñanza e marca a xestión do Concello”, concluíu Lorenzo, “En lugar de facelo decidiron presentar hoxe varias enmendas, con propostas que saben que son inviables xa que non existe partida para iso e retrasarían meses a tramitación do orzamento, algo que non beneficia en absoluto á veciñanza”.

Un orzamento claramente social

O documento presta especial atención a actualizar e atender as obrigas pendentes e á regularización dos contratos dos servizos esenciais, priorizando garantir a prestación dos mesmos.  Por este motivo este capítulo é o que ten un maior peso, consignando preto de 11,9 millóns de euros, o que supón un 57,11% do total e un incremento de preto de 1 millón de euros respecto ao anterior.

As transferencias de capital superan os 200.000 euros, estableciendo crédito para asistencia social primaria ou abastecemento domiciliario de auga potable, coa creación dunha liña de axuda para as comunidades de auga que suma 80.000 euros aos 95.000 dotados, e 108.000 euros para as axudas para instalación de bombeo para conexión á rede de saneamento.

Asegúrase a prestación como a limpeza viaria, a recollida de lixo, mantemento de xardíns, desbroces, a xestión da piscina municipal ou o Servizo de Axuda no Fogar. Contratos que foron licitados.

Mantendo o compromiso de apoiar aos sectores máis vulnerables, máis de 2,2 millóns de euros destínanse a servizos sociais e promoción social.

Cabe destacar que o 88% do orzamento consígnase para gastos de persoal e servizos esenciais, polo que o enfoque da inversión par aos múltiples proxectos que están en marcha pasa pola financiación externa.

Respaldo ao tecido asociativo, cultural e deportivo

O orzamento non deixa de lado a aposta do executivo local polo deporte e a cultura, consignando arredor de 2 M de euros a cada unha destas áreas. Un respaldo que se mostra tamén coas subvencións nominativas aos clubs deportivos, asociacións culturais e veciñais, comisións de festas e entidades de carácter social. As achegas para as 47 entidades que desenvolven a súa actividade no municipio ascenden a preto de 800.000 euros.

Relacionadas

Tomiño celebra o Scratch Day 2024 cun seminario gratuíto para a rapazada

0
Neste curso de balde achegaranse ao mundo da programación desenvolvendo videoxogos deportivos. Será o sábado 21 de setembro na Aula CeMIT TA paixón polos videoxogos...

A Escola de Teatro de Tomiño sube o pano para o curso 2024/2025

0
As clases comezarán o vindeiro 1 de outubro. As persoas interesadas en participar poden facer xa a súa inscrición a través da web do...

A Deputación ultima o prazo para que os deportistas de alto nivel da provincia...

0
A institución provincial aumentou o crédito dedicado a esta liña de subvencións, que se poden solicitar ata o martes 17 de setembro, nun 10%...

O Concello acolle un novo seminario deste programa da Universidade de Vigo que busca...

0
O Rosal estrea curso lectivo cunha nova sesión das Mareas de Coñecemento, un proxecto da Universidade de Vigo que busca achegar o saber científico,...

Un total de 66 ‘Autos Tolos’ protagonizarán este sábado a popular Baixada de Carrilanas...

0
O evento está organizado este ano entre o Concello de Nigrán e a Asociación Cultural A Camoesa, que disporá de 35 voluntarios A proba terá...

O GDR Terra e Auga presentará as novas estratexias LEADER

0
O GDR Terra e Auga convida a participar na xornada de presentación das novas estratexias LEADER que terá lugar na Casa da Xuventude das...

Publicacións Relacionadas