HomeVigoO PorriñoO concello do Porriño concederá unha subvención de 10.000EUROS ao Club de...

O concello do Porriño concederá unha subvención de 10.000EUROS ao Club de Balonmán Porriño pola súa participación histórica en competencia europea   

- Anuncio -spot_img

● O equipo Conservas Orbe Zendal BM Porriño disputará por primeira vez unha semifinal  da EHF European Cup este domingo 23 de marzo 

O Pabellón de O Porriño será escenario dun momento  histórico este domingo 23 de marzo. O equipo Conservas Orbe Zendal BM Porriño xogará, por  primeira vez, unha semifinal da EHF European Cup. O encontro, que se disputará ás 19:00 horas,  terá como rival ao equipo checo HAZENA KYNZVART.  

Este fito deportivo foi posible grazas ao seu gran traballo e a súa gran tempada, e tamén ao  apoio de diferentes entidades públicas e privadas. O Concello de O Porriño aprobará unha  subvención extraordinaria de 10.000 euros para axudar a cubrir os gastos da competición. Esta  achega sumarase á subvención nominativa que o club recibe anualmente, sendo o Concello o  principal patrocinador da entidade.  

“Esta achega extraordinaria de 10.000 euros é un respaldo ao enorme esforzo do BM Porriño,  que está levando o noso nome por Europa. Seguiremos apostando polo seu crecemento e polos  valores que transmite”, declarou o alcalde, Alejandro Lorenzo.  

Dende o Concello destacan a súa aposta firme polo deporte e o respaldo a un club que leva  trece tempadas consecutivas na División de Honor Feminina. A pasada campaña, o BM Porriño  alcanzou o cuarto posto na liga, o que lle permitiu clasificarse por segunda vez para unha  competición europea. Na súa primeira clasificación, o equipo viuse obrigado a renunciar por  falta de recursos económicos. Nesta ocasión, grazas ao apoio institucional e ao respaldo de  patrocinadores, logrou superar catro eliminatorias e atópase ás portas dunha final histórica.  

“Sentimos moita responsabilidade, pero tamén vemos que temos moitas posibilidades de  chegar á final”, explicou Ismael Martínez, o adestrador do BM Porriño. “Estamos moi arropados  polo pobo e pola afección. Tentaremos devolver ese apoio”.  

“Queremos levar a Porriño á final, e levalo con orgullo”, contou Sarai Sanmatín, a capitana do equipo. “Sabemos que esto pode ser unha alegría para o pobo e as sensacións son moi boas,  competimos soñando coa final”.  

Se logra o pase, o BM Porriño disputará a final da EHF European Cup no mes de maio, marcando  outro fito para o balonmán galego.

Publicacións Relacionadas