Home Vigo O Porriño O concello do Porriño presenta catro modificacións sobre os orzamentos prorrogados do...

O concello do Porriño presenta catro modificacións sobre os orzamentos prorrogados do ano 2018

- Anuncio -

• Alejandro Lorenzo reclama “a elaboración dun presu-posto para xestionar debidamente o Concello do Po-rriño”, xa que nos últimos anos se fixeron máis de 80 transferencias de crédito.

• “Os ingresos anuais por multas de tráfico no Concello do Porriño soe roldar os 250.000 euros, e o goberno nos sorprende coa cifra do 2021, que ascenderá a un total de 904.230 , pola cal pediremos o informe co-rrespondente.”

No pleno celebrado este mérco-res 15 de setembro, o goberno municipal do Porriño presentou catro modificacións orzamentarias sobre os orzamentos prorrogados que se elaboraran no ano 2018. O importe destas modificacións supera os dous millóns de euros en total.

Deste xeito, o Concello do Porriño continúa, case catro anos despois, sen presentar proposta orzamentaria algunha.

Nesta situación, os seus socios de goberno, quen apoiaron a investi-dura no seu día, cun pacto de goberno no que pedían que nos primei-ros 100 días de goberno se presentaran uns novos orzamentos, así como inversións nas parroquias e casco urbano; “claudican unha vez máis cunha parálise nunca antes vista e tentando resolver a situación con modificacións orzamentarias á carta.”

Mentres a situación do concello é nefasta, co total abandono dos par-ques infantís, camiños e vieiros; onde a limpeza, rozas e saneamento é inexistente

Estas, tal e como sinala o voceiro do PP Alejandro Lorenzo “son as necesidades que levamos reclamando durante moito tempo, xa que non se pode xestionar un concello adecuadamente sen demostrar in-terese polo pobo e sen a elaboración duns orzamentos”. Ante esta si-tuación de desorde “os seus socios do goberno non foron quen de presentar nos case catro anos de goberno, un novo borrador de or-zamento municipal, unha prioridade para un concello que supera os 20.000 habitantes”

Ademais, advirte, que nas modificacións orzamentarias que se pre-sentaron no último pleno “o goberno municipal non pode buscar par-tidas e inventar ingresos para xustificar tódolos gastos que precisa este concello”. Así consta nos informes de posibles ingresos anuais, cunha contía elevadísima, nos que os referidos ás multas de tráfico pasarán dos 250.000 euros anuais ós 904.230 euros no ano 2021, fei-to polo cal pediremos o informe correspondente ó goberno municipal.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas