Home O Morrazo Marín O Concello duplica a oferta de prazas para os campamentos de conciliación...

O Concello duplica a oferta de prazas para os campamentos de conciliación de verán, cun total de 445

- Anuncio -

Permitiuse ás familias que así o solicitaron duplicar quincena. A listaxe de admitidos en cada un dos tramos do verán xa está dispoñible na web municipal.

O Concello de Marín aumentará nun 50% as prazas ofertadas para os campamentos de verán de conciliación. A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, informou esta mañá de que xa están dispoñibles a través da web municipal as listaxes das persoas admitidas en cada unha das quincenas que se ofertaron.

A subida de prazas vén explicada porque “tiñamos moitas solicitudes de familias que querían repetir quincenas, polo que finalmente decidimos permitir esta opción e pasamos das 300 prazas inicialmente ofertadas ás 445 actuais”.

A concelleira lembrou que a partir de agora entrarase en fase de pago da cuota que deben abonar as familias. Aqueles que xa marcasen a opción da conta bancaria recibirán o cargo a partir da primera semana de xuño. Ese será tamén o prazo daquelas persoas que prefiran abonar o campamento no Concello.

Ademais, Sanmartín informou de que a reunión para explicar ás familias cal será o funcionamento e as normas básicas dos campamentos celebrarase o mércores 28 de xuño ás 20.0 horas no Museo Municipal Manuel Torres.

Relacionadas

O Concello de Vila de Cruces participa na 45 Feira Internacional Semana Verde de...

0
O Concello de Vila de Cruces participa na 45 Feira Internacional Semana Verde de Galicia cun estand propio, promovendo a sostibilidade e os valores...

A Deputación recibe en Madrid a Medalla de Honor con mención especial da Asociación...

0
O deputado de Infraestruturas en funcións, Gregorio Agís, recolleu a distinción no acto que vén de ter lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería...

O proxecto divulgativo sobre o percusor do cinema galego, José Gil, chega ao Porriño

0
• A vila do Louro acollerá os próximos 9 e 10 de xuño actividades, presentacións, proxeccións, concertos e encontros arredor da obra e a...

Aberto o prazo para a elección dos premios ao deporte de San Xoán 2022-2023

0
• As solicitudes poderán presentarse de xeito telemático a través da Sede Electrónica • A entrega dos galardóns levarase a cabo o xoves 22 de...

Actividades dinamizadoras lectura

0
A Biblioteca Municipal de Salvaterra de Miño organiza varias actividades dinamizadoras da lectura para os nenos e nenas entre os 5 e os 12...

O Concello inicia as obras de mellora da eficiencia enerxética no edificio de Servizos...

0
Os traballos suporán un investimento de 115.000 euros financiados con fondos europeos a través do IDAE O Concello de Ponteareas xa deu inicio ás obras...

Publicacións Relacionadas