HomePontevedraPontevedraO Concello e Telpark recuperan a campaña de descontos nos estacionamentos da...

O Concello e Telpark recuperan a campaña de descontos nos estacionamentos da Alameda e da praza de España

- Anuncio -spot_img

Os descontos estarán activos entre o 8 e o 30 de setembro, e poderanse adquirir en lotes de 5, 10 e 20 pases

O Concello de Pontevedra e Telpark, concesionario dos estacionamentos da Praza de España e de Montero Ríos, volven a poñer en marcha unha campaña de descontos en ambos aparcadoiros. A promoción estará dispoñible do 8 ao 30 de setembro, ambos os dous incluídos. No caso do estacionamento da Alameda, permitirase estacionar durante 12 horas por 3,39 euros, é dicir, un 54% menos que na tarifa actual; e na praza de España tamén será por un período de 12 horas e un prezo de 3,59 euros, o que supón un desconto do 57% respecto do prezo habitual. Estes bonos terán un ano de caducidade dende a data de compra.

Os usuarios poderán beneficiarse do desconto mediante a adquisición de bonos Multipass de 5, 10 ou 20 pases a través da aplicación de Telpark. Unha vez comprados, bastará con introducir a matrícula do vehículo para que se active automaticamente o sistema de acceso e saída mediante lectura dixital, axilizando o proceso e eliminando pasos como a retirada de ticket ou o pago manual. Ademais, poderase cambiar a matrícula asociada ao pase Multipass con total flexibilidade.

Esta campaña incorpora ademais un beneficio adicional: un 30% de desconto na carga de vehículos eléctricos para todos os usuarios que adquiran un pase Multipass, aplicable ata o 31 de decembro en calquera aparcadoiro Telpark con puntos de recarga en España.

A Concellaría de Promoción Económica, que xestiona Anabel Gulías volve colaborar con Telpark polos beneficios que a acción ten sobre o fomento da economía local ao facilitar o estacionamento a residentes e visitantes no centro da cidade.

Publicacións Relacionadas