HomeO SalnésA Illa de ArousaO concello esixe á Xunta do PP a inmediata reposición do alumeado...

O concello esixe á Xunta do PP a inmediata reposición do alumeado da Ponte da Illa, apagado dende hai días

- Anuncio -spot_img

O alcalde recorda á Consellería a súa obriga de mantemento deste viaducto e cúlpaa do risco de conducir a escuras, agravado polas condicións adversas de chuvia e vento

Dende hai máis de 10 días a ponte de A Illa de Arousa rexistra un apagón lumínico que pon en perigo a seguridade da conducción no único acceso ao termo municipial arousán. Un acceso utilizado diariamente por miles de vehículos que entran e saen da localidade en desprazamentos obrigados que a cidadanía arousana realiza para cumprir con xornadas laborais, acudir a servizos médicos ou de outra índole que se prestan a nivel comarcal ou simplemente por razóns de ocio, xa que o Nadal inflúe tamén nos desprazamentos locais. A falla de iluminación supón, a xuizo do goberno local, un grave risco para a conducción, xa que obriga a circular a escuras durante un tramo de varios kilómetros. Unha situación especialmente grave nestes últimas días nos que os fortes ventos e as copiosas chuvias supoñen xa de seu un escollo para a seguridade nas estradas e nun momento do ano no que a luz natural se acorta en horas.

O alcalde de A Illa, Carlos Iglesias, responsabiliza directamente desta situación á Xunta do Partido Popular e máis directamente ao seu presidente, Alfonso Rueda e á conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez, ambos responsables do mantemento dunha ponte de titularidade autonómica. Iglesias esixe a inmediata reposición do alumeado neste viaducto e culpa ao Partido Popular de caer recurremente en incumprimentos cando se trata do mantemento de servizos e infraestruturas na Illa de Arousa.

O rexedor arousán afirma estar canso de ter que recordar constantemente á Xunta cales son as súas obrigas e de ter que esixir uns servizos que lle corresponden aos que os veciños e veciñas da Arousa de igual xeito que aos de calquer outro punto da xeografía galega. Carlos Iglesias sitúa este apagón luminíco como un episodio más na cadea de discriminacións institucionais á que a Xunta condea á cidadanía arousán, con deixadez no mantemento non so das infraestruturas viarias, senón tamén das portuarias e das sanitarias.

Por elo Carlos Iglesias esixe ao Partido Popular o cese da discriminación nas institucións nas que goberna e á Consellería de Infraestruturas a reposición inmediata da iluminación da Ponte da Illa.

Publicacións Relacionadas