Home Pontevedra A Lama O concello establece a partir de mañá sentido único e de baixada...

O concello establece a partir de mañá sentido único e de baixada para a rúa Igrexa ao seu paso pola alameda

- Anuncio -

Permitirá unha maior seguridade vial na zona ademais de habilitar ámbolos dous lados da estrada para estacionamento de vehículos

O Concello da Lama establece de sentido único e descendente a Rúa Igrexa ao seu paso pola Alameda para mellora-la seguridade vial e favorece-lo acceso de viandantes aos servizos dotacionais existentes nas inmediacións.

Esta medida entrará en vigor a partir de mañá xoves 27 de maio e facilitará tamén que a Rúa Igrexa dispoña de aparcamentos habilitados en ámbolas dúas beiras da estrada favorecendo tamén o estacionamento e ampliando a vía de acceso ao centro da vila.

Así, a partir de mañá o tráfico procedente de Sucastro ou da Praza da Pedreira so poderá baixar por onde está o Bar Terraza cara á Casa Consistorial e o procedente da igrexa e do tanatorio terá que dirixirse, obrigatoriamente, por diante do Consistorio para seguir cara outras direccións da vila.

O alcalde Jorge Canda tomou esta decisión ante o aumento de vehículos na zona así como de viandantes que convertían este vial nun acceso con problemas de seguridade polo que a partir de agora este tramo da rúa Igrexa será de sentido único descendente.

Relacionadas

O Concello de Redondela demanda ás administracións autonómica e estatal o arranxo das estradas

0
-O goberno local urxe as obras de humanización da avenida Mendiño en Redondela e a segunda fase da avenida de Vigo en Chapela, que...

Baiona participa na VI edición do Día das Vilas Mariñeiras que se celebrará en...

0
A Concellería de Turismo de Baiona, está a traballar para levar tamén a unha representación da veciñanza baionesa. O Concello de Baiona desprazará a...

O Concello de Covelo adestra corpo e mente da man da Universidade de Vigo

0
A sesión práctica deste primeiro seminario tivo lugar onte xoves cunha ruta radio saudable Un ano máis, o Concello de Covelo e a Universidade de...

Aberta a convocatoria para participar na segunda edición da Residencia FICBUEU

0
O prazo de inscrición estará aberto desde o luns 15 de abril ao 15 de maio O Festival Internacional de Cinema de Bueu acaba de...

Baiona acolle o curso gratuíto para o exercicio profesional de socorrismo acuático

0
A Xunta de Galicia convoca a través da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) o "Curso de Formación Específica de Socorrismo en Instalacións e...

200 persoas inscritas para a andaina cultural deste domingo

0
A andaina percorrerá a Ruta de Montes e Praias e contará co actuación do Coro de Cámara Thalassa na Igrexa de Santa María do...

Publicacións Relacionadas