Foi unha suxerencia realizada desde o centro de día ‘Botando unha man’, situado ao carón da zona verde onde se ubicou a infraestrutura, en Estrada pola Vía Nigrán,
O Concello de Nigrán estreou esta semana un novo parque biosaudable no barrio de Area. O Concello investíu 3.000 € neste autentico ximnasio ao aire libre que, expresamente, pedira o centro de día ‘Botando una man’, ubicado en Estrada pola Vía número 90, ao carón da zona verde onde se instalaron os diferentes elementos.
“A ubicación é perfecta porque permite que o empregue calquera veciño da contorna e, ao mesmo tempo, beneficia expresamente aos usuarios de ‘Botando unha man’, persoas maiores que agora xa poden incorporar este tipo de exercicio físico na súa rutina”, explica o alcalde, Juan González.
O circuito conta con volantes para ata catro usuarios a vez ou pedais. Como todos estes parques, está deseñado para a práctica de exercicio físico de adultos e son especialmente recomendables para persoas maiores de 60 anos porque permiten mellorar a mobilidade, aumentar a flexibilidade e tonificar a musculación.

