HomePontevedraO concello felicita ao náutico de Cobres polos seus resultados no Campionata...

O concello felicita ao náutico de Cobres polos seus resultados no Campionata Galego de K4/C4

- Anuncio -spot_img

O Club de Piragüismo local desprazou a Castrelo de Miño cerca de medio centenar de deportistas

O Concello de Vilaboa felicita ao Club Náutico de Cobres polos excelentes resultados acadados a fin de semana no Campionato Galego 3.000 metros no que na categoría K4/C4 conseguiron o primeiro posto por clubs na Muller Infantil e o segundo en Muller Cadete.

Máis dunha treintena de padexeiros desta modesta entidade deportiva conseguiron tamén postos destacados na clasificación final, nun campionato no que o club participou en Castrelo de Miño con cerca de medio centenar de deportistas con idades comprendidas entre os 9 e os 20 anos, agás os participantes na categoría senior.

O alcalde, César Poza, trasladou á directiva da entidade deportiva a súa felicitación por este inicio de temporada e animou ao grupo de persoas voluntarias a continuar traballando para que os hábitos deportivos e saudables sexan unha opción cercana para a poboación máis nova do municipio.

O Club Náutico de Cobres nace en 1983 para iniciar sobre todo aos rapaces e rapazas na práctica do piragüismo en Vilaboa e dende entón entrea alevíns, infantís, cadetes, xuvenís e senior que participan nas diferentes competicións organizadas tanto pola Federación Galega e Española como polos clubs. “É un orgullo para todos nós comprobar como tempada tras tempada o Club Náutico de Cobres forma deportistas que crean equipo co entorno natural de Vilaboa como nexo”.

Publicacións Relacionadas