Home Vigo Nigrán O concello habilita o seu segundo espazo de recreo para cans no...

O concello habilita o seu segundo espazo de recreo para cans no núcleo urbano de Nigrán

- Anuncio -

Trátase dun parque moi similar ao creado no 2019 na Ramallosa, ubicándose este nunha parcela fronte a nova Biblioteca Municipal

O Concello de Nigrán ven de habilitar o seu segundo espazo específico de esparexemento para cans do municipio (o primeiro está na Ramallosa) no núcleo urbano de Nigrán, nunha parcela municipal fronte a nova Biblioteca, en Estrada pola Vía. Este ocupa 350 metros cadrados en forma cuadrangular e están pensado para que os animais poidan estar soltos sen necesidade de correa. A superficie, de céspede natural, está sendo delimitada cun peche perimetral de malla metálica ríxida para garantir que os cans non escapen. Ademais, dotarase a zona de sanecáns para depositar os excrementos e, máis adiante, de bancos e elementos de distraccións específicos para este animais. Un panel informativo recordará as normas de uso, que inclúen a recollida obrigatoria de excrementos ou que estexa sempre vixiado polo seu dono. O parque foi realizado por operarios municipais e requiriu de moi pouca intervención, xa que o Concello optou por reconvertir esta zona de xardín infrautilizada neste novo uso.

“Trátase dunha zona moi urbana onde había demanda por parte dos veciños dun espazo específico para cans”, explica o alcalde

Relacionadas

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Actividade de Fotografía e Natureza aprazada

0
A actividade de Fotografía e Natureza programada para o día 30 queda aprazada pola chuvia ata novo aviso.

Publicacións Relacionadas