HomePontevedraPontevedraO Concello incorpora os primeiros 21 novos vehículos de limpeza e recollida...

O Concello incorpora os primeiros 21 novos vehículos de limpeza e recollida dos espazos públicos da cidade

- Anuncio -spot_img

O alcalde supervisou esta mañá a entrega de dez novos carros portacaldeiros eléctricos, unha varredora de tres cepillos e 5 dos once vehículos auxiliares que disporá a empresa concesionaria Prezero no día a día da limpeza e recollida na cidade.

Forma parte da nova flota de vehículos da empresa concesionaria do servizo de xestión de residuos que nos vindeiros meses irá incorporando novo material e máis servizos.

O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores presentou esta mañá os primeiros vehículos de limpeza e recollida do espazo público que pon en marcha o novo contrato de xestión de residuos do concello, que xestiona a empresa Prezero. Acompañado do concelleiro responsable do servizo, Xaquín Moreda, comprobaron o funcionamento da primeira maquinaria que incorpora o servizo: 10 carros portacaldeiros eléctricos, 1 varreidora con tres cepillos de limpeza e auga a presión, e 5 dos 11 vehículos auxiliares dos que disporá o servizo no día a día da limpeza da cidade.

O alcalde destacou que os carriños supoñen “unha mellora substancial para os traballadores e traballadoras que están na rúa” e ofrecen melloras como ter unha pequena hidrolimpadora para tratar zonas pequenas. A varredora (a primeira de cinco novas máquinas) é diésel “para que sexa máis potente” e os vehículos auxiliares son eléctricos “van a estar traballando no periurbano e nas limpezas rurais e levan unha caixa para poder incorporar algún tipo de residuo sólido”, indicaba Fernández Lores.

Tamén adiantou que están pendente de incorporar outra maquinaria novidosa como os triciclos eléctricos que “van facer funcións no urbano e no periurbano e nos barrios” e está pendente vehículos pesados como os novos 15 camións de recollida dos colectores encargados das distintas fraccións, entre outras moitas incorporacións como os colectores amarelos que se comezarán a instalar na cidade nos vindeiros días ou a localización dos novos centros de compostaxe comunitaria.

A nova maquinaria porase en funcionamento con carácter inmediato. Todos eles están rotulados coa nova campaña institucional do Concello “Responsábeis” dado que o contrato de xestión de residuos está incluído dentro dela.

Vehículos para recollida en espazo público e para os composteiros comunitarios. Características.
10 carros portacaldeiros eléctricos (ECARR)

  • De fácil manexo, 100% eléctrico e de accionamento mecánico con estrutura modular. Sistema de iluminación e sinalización de luces tipo LED de baixo consumo en parte dianteira e traseira.
  • Na zona central da estrutura sitúanse dous contedores extraíbles de 70 litros.
  • Na parte dianteira hai dous espazos destinados ao almacenamento con toma de USB para carga.
  • Dispón de pantalla de visualización e conexión USB para un teléfono intelixente: visualización de aceso, porcentaxe de batería e horas de funcionamento. Incorpora módulo GPS para localización.
  • Equipado con cepillo e pa.
  • Módulo principal constituído por:
  • Chasis de aluminio ou aceiro inoxidable, lixeiro e robusto.
  • Regulador de velocidade. A máxima está limitada a 8 km/h.
  • Batería de Litio 36V e 20 Ah, situada na parte posterior.
  • Equipo aspirador de excrementos, depósito de 10 litros.
  • Equipo de limpeza de auga con capacidade de 10 litros e pistola a presión (7 bar).
  • Rodas estabilizadoras de apoio para subir bordos Ø 170 mm con pendente superable do 20%.
  • Capacidade: 140 l; Carga máxima: 80 kg. 9 vehículos auxiliares (recolledor bicompartimendado eléctrico con hidrolimpador. Group G4L)
  • Vehículo 100% eléctrico equipado con baterías de alto rendemento, caixa aberta basculante con alzas e hidrolimpador.
  • Dimensións moi compactas, para facilitar a circulación en zonas de difícil acceso. Selector de velocidade automático, sen embrague nin cambio de velocidades. Módulo GPS para a localización do vehículo.
  • Motor eléctrico. Velocidade máx.: 50 km/h.
  • Baterías de litio. Autonomía: 199 km. Posibilidade de cargar en calquera toma estándar (16 A, 230 V) cun tempo de carga aproximado de 10 horas.
  • Equipo de alta presión: 130 bar – 7 l/min, con depósito de auga rotomoldeado de 200 litros, pistola de alta presión con mangueira de 15 m con enrolador automático.
  • Caixa aberta 3,1 m3: basculante, fabricada en aluminio integral, con alzas de reixas abatibles.
  • Equipamento: Cabina de 2 prazas.
    1 Varredora Dual (Abei-Schmidt Cleango 500 con 3 cepillos).
  • Varredora de gran capacidade, equipada con tres cepillos de varrido, sistema de climatización, boca de aspiración de gran volume.
  • Equipada con dúas pértegas no teito, depósito ampliado e bomba de auga de alta presión para varrido simultáneo.
  • Baixo nivel sonoro, emisión de po e consumo de auga. Incorpora Kit de insonorización.
  • Equipado con cámara 360º e monitor en cabina.
  • Equipada tamén con descarga en altura, sistema de cloración, engraxamento centralizado automático e caixón traseiro.
  • Motor: diésel.
  • Velocidade de varrido: 0-18 km/h; Velocidade de desprazamento: 0-40 km/h;.
  • Sistema de aspiración HS: Boca de aspiración 670 mm.
  • Unidade de varrido: Dous cepillos de 900 mm; 140 rpm máx. Terceiro cepillo que se pode mover a dereita e esquerda e está dotado de inclinación hidráulica.
  • Moega de 5 m³
  • Sistema de auga: Depósito de auga de 700 litros e depósito ampliado de auga de 1.200 litros.

Publicacións Relacionadas