Será entre as 09.00 e as 13.00 horas e ten que ver coas obras de saneamento, que supoñen a renovación do colector do río Lameira e da mellora das deficiencias da rede
O Concello avisa de que o luns, 23 de setembro, producirase un corte de auga puntual entre as 09.00 e as 13.00 horas para realizar a conexión coa rede municipal da nova tubaxe colocada polas obras de mellora do saneamento do río Lameira.
O corte afectará á Urbanización Virxe do Carme, á Rúa Jaime Janer, desde a Rúa do Souto ata a Rúa Enrique Turral, e á marxe esquerda da Rúa Recamán.
Desde o Concello entenden as molestias que estas obras están a producir entre a veciñanza, mais a súa importancia é vital para a mellora do saneamento e a recuperación medio ambiental do río Lameira. Ademais, con estas melloras en Jaime Janer evitaranse futuras fugas e avarías, que se producían pola antigüidade das instalacións.