Home Pontevedra Poio O concello inicia a licitación para a mellora da pista do pavillón...

O concello inicia a licitación para a mellora da pista do pavillón da Seca cun orzamento de preto de 150.000 euros

- Anuncio -

• A concelleira de Deportes, Marga Caldas (BNG), explicou aos clubs os pormenores do proxecto, encamiñado a dotar á infraestrutura dunha nova superficie homologada de última xeración

A concelleira de Deportes, a nacionalista Marga Caldas, mantivo hai uns días unha reunión con representantes do tecido deportivo e clubs do municipio, para trasladarlles os detalles da actuación que o Concello levará a cabo no pavillón polideportivo da Seca. Trátase dun ambicioso proxecto que servirá para acometer a mellora integral da superficie. Tal e como explicou a edil do Goberno local, o devandito proxecto atópase actualmente en fase de licitación, logo de que a Xunta de Goberno dese luz verde á aprobación do expediente. “O seguinte paso será confirmar a adxudicación e, a partir de aí, poderán comezar os traballos”, apunta.

Caldas incide na importancia de acometer estas tarefas, “moi necesarias” para arranxar os problemas e deficiencias que se detectaron na superficie. “Hai que ter en conta que o pavillón é moi utilizado para competicións e adestramentos, polo que acometemos esta actuación para garantir unhas condicións óptimas na infraestrutura”, apuntou a edil de Deportes, que cifra en preto de 150.000 euros o investimento que realizará o Concello para facer realidade unha obra que “dará resposta ás necesidades dos clubs”. Deste xeito, nos vindeiros meses o pavillón da Seca pasará a contar cunha nova superficie homologada e de última xeración.

Marga Caldas lembrou tamén que actualmente estanse a executar traballos de mellora similares no pavillón do CEIP Lourido, que tamén pasará a contar con pista homologada, o que permitirá “que estas instalacións poidan acoller partidos oficiais e máis adestramentos, especialmente durante o tempo no que o pavillón da Seca non estea operativo polas obras”.

A maiores, segue avanzando a substitución do céspede sintético da Reiboa.

Relacionadas

A Deputación amplía ata o 24 de maio as visitas á exposición “A chambra....

0
O artista vigués afonda nesta instalación audiovisual a historia das mulleres emigrantes española en Francia durante os anos sesenta e setenta A Deputación de Pontevedra...

A Deputación comeza coas esterilizacións de gatos contempladas no programa de Colonias Felinas do...

0
O proceso acaba de arrancar con gatos procedentes de Mos e continuará nas vindeiras semanas nos 46 concellos de menos de 20.000 habitantes adheridos...

O concello de Nigrán busca un novo leira-parking no centro urbano para gañar maís...

0
Convoca un novo concurso público de aluguer de fincas no que se establece un máximo de 13.068 €/ano para 3.000 m² de terreo. Este...

Doña Emilia e Señora Carme, dúas mulleres de conto

0
Un espectáculo de Narración Oral recupera o legado de Emilia Pardo Bazán na Guarda Este sábado 27 de abril ás 20,30h. realizarase no Centro Cultural...

0
Formación sobre a enfermidade de Alzheimer mañá co programa Covelo Cóidate Mañá xoves de 16:30 a 19:00 horas no auditorio municipal impartirase esta formación froito...

A Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés cubre once prazas de especialistas no...

0
― O Hospital Provincial acolleu esta mañá o acto de toma de posesión de boa parte dos facultativos, que acadaron praza fixa no Sergas...

Publicacións Relacionadas