Home Pontevedra Baixo Miño O Concello inicia as obras de transformación da contorna do Calvario

O Concello inicia as obras de transformación da contorna do Calvario

- Anuncio -

Cun investimento de case 170.000 euros, os traballos mellorarán a accesibilidade e permitirá dispoñer de aparcamentos máis eficientes e seguir recuperando espazos

O Concello do Rosal segue traballando para converter o núcleo urbano do municipio nun espazo de calidade, inclusivo e accesible no que as persoas sexan o centro. Tras a transformación da Praza do Calvario, estes días comezaron as obras de reforma das rúas da contorna, un proxecto co que o Goberno municipal procura “seguir recuperando o centro da nosa actividade económica, social e de convivencia e transformando O Rosal nun municipio amable e cómodo para a veciñanza”, destaca a alcaldesa, Ánxela Fernández Callís.
Con estes traballos, o Concello mellorará o pavimento e recuperará espazo nas rúas da contorna, incorporando bandas de estacionamento acompañadas de espazos verdes “que darán calidade espacial, ofrecerán sombra e servirán ademais para captar carbono. Deste xeito disporemos de aparcamentos máis eficientes e beirarrúas máis accesibles incorporando os criterios de calidade urbana, seguridade e melloras ambientais que xa se aplicaron na transformación da propia Praza do Calvario”.
Cun investimento de case 170.000 euros e tres meses de execución, as obras implicarán actuacións nas rúas Manuel Suárez Marquier, Cabaqueiros e no tramo da rúa Simón do Mazo que conecta ambas, ademais de na Travesía Simón do Mazo na contorna do pavillón, na rúa Pascuala dende o cruce coa rúa Paraíso ata a rúa do Couso no cruce con Jesús Noya e na rúa Nova do Couso ata a súa intersección coa Travesía do Couso.
“Con estas obras continuamos dotando a contorna do Calvario dos espazos que a veciñanza se merece. Gozamos dunha praza renovada, dunha zona urbana e comercial revitalizada a través dun deseño unitario, atractivo e dinámico que nos permite poñer en valor a historia da nosa vila e o noso patrimonio, e con estes novos traballos seguimos dando pasos para crear lugares de estancia, convivencia e lecer de alta calidade”, explica a rexedora.

Relacionadas

O Museo da Ciencia do Viño acollerá durante o mes de maio unha exposición...

0
Constante González é un artesán da madeira que traballa co torno creando pezas únicas e moi laboriosas. Constante é de San Roque na parroquia de...

A vicepresidenta da Deputación Luisa Sánchez asiste á clausura da Asemblea de empresas de...

0
A vicepresidenta da Deputación de Pontevedra, Luisa Sánchez, asistiu hoxe á clausura da Asemblea de empresas do Clúster de Automoción e Mobilidade de Galicia...

A Xunta apoia o Campionato do Mundo de Endurance que converterá Sanxenxo esta semana...

0
O secretario xeral para Deporte destacou o potencial de Galicia como sede de eventos internacionais da motonáutica e, en xeral, para acoller probas deportivas...

O vicepresidente Rafa Domínguez asiste á terceira xornada Triple Hélice organizada polo Foro Empresa...

0
O vicepresidente primeiro da Deputación de Pontevedra, Rafa Domínguez, asistiu hoxe á terceira xornada Triple Hélice do Foro Empresa Pontevedra, que levou por título...

O Goberno de Caballero bloquea unha iniciativa do BNG reclamando a alta velocidade entre...

0
A fronte nacionalista trasladou unha proposta de declaración institucional para o vindeiro Pleno municipal que foi vetada pola maioría do PSOE e que o...

Continúa a restauración ambiental do río Couso

0
O sábado 4 de maio retomamos as actividades de restauración ambiental no río Couso mediante a retirada de residuos e a extracción de especies...

Publicacións Relacionadas