O Concello instalará unha pantalla na Alameda o domingo para seguir a final da Eurocopa da Selección Española

adminON
Lectura mínima de 1

Aproveitarase a estrutura do escenario que estará ubicado na Alameda polas festas para colgar unha pantalla pola que se poderá seguir o partido clave desta competición. 

O Concello de Marín instalará unha pantalla grande na Alameda para poder desfrutar o próximo domingo da final da Eurocopa, para a que se clasificou a Selección Española por quinta vez na súa historia deportiva. 

Trátase dun acontecemento deportivo histórico, no que as persoas seguidoras da Roja estarán volcadas para animar a este equipo que tantas alegrías leva dando á sociedade nunha Eurocopa á que só lle queda o último partido. 

Por iso, aproveitando a instalación previa do escenario que albergará desde o venres distintas actividades das Festas do Carme, colocarase unha pantalla desde a que poder seguir este encontro antes de que arranque ás 23.00 horas o espectáculo musical da Orquestra Panorama.

Comparte este artigo