Home Pontevedra O Condado O Concello lamenta a falta de colaboración da Xunta na mellora das...

O Concello lamenta a falta de colaboración da Xunta na mellora das escolas unitarias do CRA

- Anuncio -

O Concello conseguira unha subvención do 75% e a Xunta rexeitou achegar o 25% restante para obras nestes centros escolares

O Concello de Ponteareas lamenta a falta de colaboración da Xunta na mellora de cinco escolas unitarias da localidade agrupadas no CRA. O Concello redactou un proxecto de mellora da eficiencia enerxética das escolas de Pías, Areas, Ribadetea, Xinzo-Parada e Moreira, que incluía outras actuacións no interior das escolas, como renovación de portas, chan novo ou arranxos nos aseos. Para redactar o proxecto, o Concello investiu 17.583,25 euros. As obras foron orzamentadas en 269.004,22 euros e o Concello acadou o financiamento a través do IDAE (Instituto para a Diversificación e o Aforro Enerxético) para acometer os traballos, concretamente 199.377 euros que representaban o 75% do total do investimento. Deste xeito era necesario cofinanciar o 25% restante.

De acordo con informes de Secretaría e Intervención do Concello, as obras a realizar son competencia da Xunta polo que o Concello non pode legalmente financiar o 25% restante. As vías para cofinanciar a actuación pasaban por dúas alternativas. Por unha banda, que a Xunta, mediante un informe, excluíse da súa competencia esas obras para poder financialas dende o Concello ou ben que a Xunta asumira ese 25% restante aproveitando o 75% conseguido polo Concello.

O Goberno do BNG-PSOE explica que a Xunta pretendeu que o Concello se fixera cargo das Escolas Unitarias, non só das obras, senón do seu funcionamento, algo inaceptábel. Ademais, explican dende o goberno local, a alcaldesa propuxo á Xunta que asumira o 25% da obra da súa competencia, menos de 70.000 euros, para aproveitar a subvención de case 200.000 euros conseguida. O Goberno municipal salienta que “lamentabelmente, a Consellaría preferiu perder esa subvención que conseguira o Concello, por razóns que non alcanzamos a comprender. O certo é que a Xunta non tomou a iniciativa para unhas obras necesarias que son da súa competencia, e o Concello fixo un proxecto e conseguiu unha subvención do 75% para esas obras e a Xunta coa súa postura imposibilitou a súa execución”.

Malia o acontecido, o Concello sigue apostando pola colaboración institucional coa Xunta no obxectivo de mellorar o ensino público na localidade. Por iso, a alcaldesa, Cristina Fernández Davila, trasladou ao Conselleiro de Educación e ao Xefe Territorial da Consellaría a total disposición do Concello a colaborar, ben asinando un convenio para buscar unha nova subvención que complete a Xunta cos seus recursos ou ben entregando á Consellería o proxecto redactado para que a Xunta realice as obras cos seus fondos propios.

Relacionadas

Redondela mantén a punto os areais no comezo da primavera

0
Nas semanas previas á chegada da primavera e a Semana Santa o departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela deixou en estado de...

A Deputación inicia a incoación do expediente de honra a favor da doutora ourensá...

0
Marisa Crespo-Leiro (Cea, 1961), é un referente mundial no ámbito da insuficiencia cardíaca e os transplantes de corazón. Licenciada en Medicina pola Universidade de...

O Concello lanza un novo sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros por...

0
A campaña arrancará desenvolverase entre o 1 e o 30 de abril. Pódese participar a partir de 30 euros de compra, depositando os tickets...

Cinco estreas na XIV Semana de Teatro Amador

0
O Teatro Municipal acollerá do luns 1 ao venres 5 as novas montaxes dos grupos de teatro CAI, Chirlomirlo, Aloia, San Fins, e A...

59 días para a marcha cicloturista Sestelo-Clásica Álvaro Pino

0
O alcalde de Covelo e a organización da marcha reúnense para ultimar os preparativos A 59 días da celebración deste evento que recorre o Condado,...

Aprazado para o sábado 6 e domingo 7 o III Encontro de Viños da...

0
Mantéñense as actividades paralelas no edificio da praza da Inmaculada Debido á adversa previsión do tempo para  a fin de semana o III Encontro de...

Publicacións Relacionadas